Castro Caldelas: presentación de O neno pastor que venceu o lobo, de Olegario Sotelo Blanco

O 12 de agosto, ás 18:30 horas, no antigo Hostal Blanco de Castro Caldelas, Olegario Sotelo Blanco presenta o seu libro de memorias O neno pastor que venceu o lobo. Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. Manuel Mandianes presentará o libro en compaña do seu autor.

A Coruña e Compostela: Simposio Antonio Fraguas

Verín: presentación de Contos e lendas arraianos, de José Rodríguez Cruz

OContos e lendas arraianos José Rodríguez Cruz venres 1 de xullo, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Verín, terá lugar a presentación do libro Contos e lendas arraianos, de José Rodríguez Cruz, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, José Lamela Bautista e Manuel Mandianes.

A Coruña: actos literarios destacados do sábado 2 na Feira do Libro

OFederación de Librarias de Galicia sábado 2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:

Sábado 2
18:00 h. Eli Ríos asinará exemplares do seu libro Anamnese na caseta de Consorcio Editorial.
18:30 h. Rosa Aneiros firma na caseta de Libraría Pedreira.
19:00 h. Eva Veiga e Isabel Pintado asinarán na caseta de Editores Coruñeses.
19:00 h. A escritora Rosa Aneiros presenta Ámote, Leo, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora, participará no acto Manuel Bragado.
19:00 h. Manuel Mandianes asinará Viaxe sen retorno na caseta de Consorcio Editorial.
19:00 h. María Reimóndez firma na caseta da Libraría Pedreira.
19:00 h. O ilustrador David Pintor asinará Brinca vai! e outras obras publicadas por Kalandraka
19:00 h. O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares do seu libro Entrada ao xardín do saber, na caseta da Libraría Cartabón.
19:45 h. Presentación do libro A alternativa está aquí, de María Reimóndez, publicado por Xerais. Participa no acto Manuel Bragado.
20:30 h. O xornalista Pemón Bouzas fará a presentación do seu libro A voz do vento, publicado por Xerais. Acompaña ao autor Manuel Bragado.
21:15 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Edicións Xerais. Participa no acto Manuel Bragado.