O
xoves 5 de maio, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo), de Emílio Xosé Ínsua, publicado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro. No acto o autor estará acompañado por Francisco Fernández Rei, Luís Rei e Manuel Portas.
Arquivos da etiqueta: Manuel Portas
Ourense: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas
O
venres 29 de outubro, ás 20:00 h., na Livraria Torga (rúa da Paz, 16) de Ourense, preséntase o libro Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, publicado por Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Marta Arribas, Sechu Sende e Manuel Bragado.
Lugo: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas
O
venres 15 de outubro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase Denso recendo a salgado, primeira novela de Manuel Portas. Acompañarán ao autor Xosé Chorén, Xosé Miranda e Fran Alonso.
Manuel Portas: “Ninguén contara o drama da Arousa desde dentro”
Entrevista en A Nosa Terra.
Vigo: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas
O xoves 24 de xuño, ás 20:00 horas, preséntase Denso recendo a salgado, de Manuel Portas. O acto celebrarase na Libraría Librouro (R/ Eduardo Iglesias, 12, Vigo), e contará coa participación do autor e de Manuel Bragado. Ao remate, Clara Pino (integrante de Covalblú), tocará coa Arpa Celta o tema “Alalá do Viquingo”.
Vilagarcía: preséntase Denso recendo a salgado, de Manuel Portas
O próximo mércores 2 de xuño, ás 20:30 horas na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía (Avenida da Mariña s/n), presentarase a novela de Manuel Portas Denso recendo a salgado. No acto, organizado por Xerais e o concello de Vilagarcía, acompañarán ao autor Emilio Ínsua, Xosé Castro Ratón e Manuel Bragado.