XII Festival Convergências Portugal-Galiza

O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Escola de Letras, Artes e Ciências Humanas da Universidade do Minho e o grupo Canto D’Aqui organizam, de 10 de fevereiro a 15 de março, a 12.ª edição do Convergências – Festival Cultural Portugal-Galiza, com 16 atividades em Braga e nas localidades galegas de Santiago de Compostela, A Estrada, Padrón e Ponteareas. O programa inclui concertos, teatro, ciclo de cinema, poesia, exposição e tertúlia. Braga acolhe 13 atividades e com entrada livre, salvo nos dias 21, 22 e 28 e no ciclo de cinema.
O festival conta com apoio da Xunta de Galicia, dos municípios envolvidos, da Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva (BLCS), da Rede Casas do Conhecimento, do BabeliUM, do cineclube Lucky Star, da Rede Galilusofonia, da Casa de Rosalía, do espaço gnration e da rádio Antena 1, entre outros.
Este evento anual pretende ser enriquecedor a nível de conhecimento e cultura, evocando a cada edição os nomes dos artistas José Afonso e Rosalía de Castro, além de estreitar os laços que unem Portugal e Galiza, evidenciando a semelhança entre as duas culturas.

PROGRAMA

10 de fevereiro, 11h00 | Apresentação do programa de XII Convergências Portugal-Galiza e atuação dos Canto d’Aqui, no auditório da Escola de Letras, Artes e Ciências Humanas da Universidade do Minho, Braga (fotos, vídeo)
10 a 26 de fevereiro | Exposição “Manuel Rodríguez López 2.0”, sobre a vida e obra do escritor natural de Paradela (Galiza), na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, Braga
10 de fevereiro, 21h00 | Ciclo de cinema galego – “O Corno do Centeio” (2023), de Jaione Camborda, na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, Braga
17 de fevereiro, 21h30 | Ciclo de cinema galego – “Apenas na Terra” (2025), de Robin Petré, na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, Braga
18 de fevereiro, 21h30 | Mesa-redonda “A Música de Portugal e Galiza, da origem à contemporaneidade”, com Ana Sofia Carvalheda, Uxía, MJ Pérez e Daniel Pereira Cristo, na sala multiusos do espaço gnration, Braga
21 de fevereiro, 21h30 | Teatro musical “Os Seráns de Vilancosta”, com a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, no Auditório Vita, Braga (bilhetes)
22 de fevereiro, 17h00 | Concerto-tributo a José Afonso e Rosalía de Castro, com Canto d’Aqui e Orquestra Filarmónica de Braga, no Theatro Circo, Braga (bilhetes)
24 de fevereiro, 21h30 | Ciclo de cinema galego – “Deuses de Pedra” (2025), de Ivan Castiñeiras Gallego, na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, Braga
27 de fevereiro, 21h30 | Recital de poesia “Gallaecia”, com Cátia Cardoso e Elba Pedrosa, na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva, Braga
28 de fevereiro, 21h30 | Concerto “Será por Flores: Gira 40 anos”, com Uxía e convidados, no Auditório Vita, Braga (bilhetes)
01 de março, 16h00 | “Danças e Cantares da Raia”, com o Grupo Pedra da Garza e o Grupo Folclórico Dr. Gonçalo Sampaio, na Praça da República, Braga
06 de março, 21h30 | Teatro “Agora As Vellas e Os Vellos Xa Se Poden Namorar”, com o Grupo Pena do Equilibrio, no salão da Junta de Freguesia de Tenões, Braga
07 de março, 17h00 | Conversa-concerto “Rosalía, José Afonso – Reencontros”, com José Manuel Mendes e Canto d’Aqui, na Casa de Rosalía de Castro, Padrón
13 de março, 21h30 | Teatro “À Narcisa”, com o Projeto Expressar, no salão da Junta de Freguesia de Nogueiró, Braga.
14 de março, 20h00 | Concerto “Gira dos 40 Anos”, com Canto D’Aqui, no auditório Reveriano Soutullo, Ponteareas
15 de março, 13h00 | Concerto do Grupo Folclórico Dr. Gonçalo Sampaio e visita guiada ao centro histórico de Compostela, Santiago de Compostela

A Coruña: inauguración da exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López

OManuel Rodríguez López Biblioteca González Garcés martes 16 de setembro, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), Xesús Alonso Montero inaugura unha exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López, que estará aberta desde este día até o 7 de outubro. Durante o acto presentará as publicacións Manuel Rodríguez López, que recolle os contidos dos dezaseis paneis da exposición e Antoloxía poética, editada por Santiago Rodríguez e Xesús Alonso Montero, con comentario deste último. Participarán tamén no acto Antonio Giz, Irene López (viúva do escritor), José Manuel Mato e Anxo Lorenzo.

Lugo: inauguración da exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro

O luns 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), inaugúrase a exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego, Poeta Obreiro, que permanecerá aberta até o xoves 7 de novembro, con entrada gratuíta, e horarios de visita de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas; sábados de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 horas; e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
A mostra está formada por 16 paneis informativos sobre diversos aspectos relativos á vida e obra deste creador galego, do que a maior parte da súa obra viu a luz na emigración catalana.
Na inauguración está previsto Valentín García, Mario Outeiro, Xosé Manuel Mato e Carmen Basadre, ademais de Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, no nome da familia, e Antonio Giz, director de Galicia Dixital, entidade que está a impulsar a difusión da vida e obra do autor paradelense, e que promove tamén a súa páxina web.

Xela Arias e Luísa Villalta poderían ser candidatas ao Día das Letras Galegas

Desde Sermos Galiza:
“A Academia decide o día 21 a quen lle dedicará o Día das Letras Galegas. Tres membros do plenario terán que presentar cada unha das propostas que logo se debaterán no plenario. Durante estas xornadas previas, os nomes amoréanse entre as posíbeis candidaturas e, canda os que cada ano recuncan nestas datas, súmanse outros que por vez primeira nesta edición cumpren as condicións requeridas pola Academia.
Á listaxe incorpóranse os nomes de dúas escritoras, mortas a idade temperá que revalidarían o entusiasmo que se viviu no ano de Lois Pereiro. A escritora Luísa Villalta e a poeta e tradutora Xela Arias poderían xa ser as protagonistas dun novo Día das Letras que contarían co respaldo do seu entorno literario e da súa obra contemporánea. Xela Arias morreu en 2003 e Luísa Villalta o 6 de marzo do 2004, é dicir, en calquera dos casos o 17 de maio tería feito dez anos do seu pasamento. Tanto unha como outra están aínda na memoria persoal dos seus contemporáneos, homes e mulleres, en especial poetas, que compartiron con elas iniciativas e proxectos e formaron parte do panorama cultural desde os anos oitenta.
Canda elas, o nome de Ricardo Carvalho Calero volve de novo ao escenario, mais, coa condición que desta volta fai máis explícita a Academia de que sexan os propios numerarios os que acheguen o nome ao plenario, faise máis difícil aínda mesmo a presentación da súa candidatura. Desde fóra de Tabernas, a de Carvalho Calero é unha das demandas que máis vontades congrega por unha parte da intelectualidade que entende xa como inxustiza que non se recoñeza unha figura que contribuíu como poucas á historia da lingua e a literatura e cunha sólida obra literaria.
Máis forza cobra este ano a figura de Díaz Castro, eterno candidato ao que o centenario o próximo 2014 dálle aínda máis forza, avaliada pola campaña que se está a desenvolver desde Guitiriz e a iniciativa promovida polo propio alumnado do centro de ensino Poeta Díaz Castro que presentou un audiovisual dedicado ao autor de Nimbos.
Candidato asegurado para o Día das Letras Galegas é Carlos Casares, que por segunda vez podería optar á homenaxe aínda que parte do seu entorno prefería por distintas razóns, cando menos na anterior edición, agardar algo máis a que se conmemorase a súa figura cun Día das Letras Galegas.
Do exilio e a resistencia antifranquista, dous nomes de dous narradores entran nunha posíbel listaxe para o 17 de maio. O escritor Ramón de Valenzuela, autor de Non agardei por ninguén ou Era tempo de apandar, entre outras e o xornalista e narrador Manuel Lueiro Rey poderían ser protagonistas da homenaxe da Academia. Os dous mantiñan relación persoal e política co presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.
A proposta do poeta berciano Antonio Fernández Morales, candidato apoiado pola Asociación Xarmenta e tamén unha firme aposta do anterior presidente Xosé Luís Méndez Ferrín é outro dos nomes que soan en cada edición. Desta volta, o nome do autor de Paradela, Manuel Rodríguez López chega á sede de Tabernas proposto por GaliciaDixital.”