Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o mércores 13 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
19:00 h. Mesa redonda sobre La Bella Otero, unha galega novelesca, tras o encontro e sinatura de libros con Alberto Vázquez-Figueroa ás 17:00 h. Na mesa participan Aníbal C. Malvar, Marga do Val, Manuel Bragado e Miguel A. Fernández, coa moderación de Antonio Piñeiro.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Arquivos da etiqueta: Marga do Val (Marga Romero)
Tui: presentación de Randea do alento, de Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val
O martes 5 de outubro, a partir das 20:00 h., preséntase na Biblioteca Municipal de Tui a tradución ao galego da última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, Randea do alento, obra de Marga do Val, publicada recentemente en Xerais. No acto participará a propia tradutora, María Xosé Queizán, e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en Filoloxía xermánica.
A Coruña: presentación de libros da fotógrafa Maribel Longueira
O mércores día 20 de maio ás 20.00 horas na Fundación Caixa Galicia na Coruña presentaranse os libros Entremiradas I Galicia-Bos Aires e Entremiradas II Galicia-Cuba da fotógrafa Maribel Longueira, editadas pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emigración. No acto participarán os escritores Salvador García-Bodaño, Xosé Luis Axeitos, Manuel Álvarez Torneiro, Francisco X. Fernández Naval, Marga do Val, Tucho Calvo, Yolanda Castaño, Emma Pedreira, Olga Patiño, Eva Veiga, Anxos Sumai, Xosé Fernández Ferreiro e Estíbaliz Espinosa.
Muxía: Voces poéticas contra a violencia de xénero
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía organiza un acto de sensibilización contra a violencia de xénero, apostando por unha educación na igualdade ao longo de todo o ano.
Intervirán: Carmen Adán (Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia), Ánxeles Sánchez (Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Muxía) e.Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor).
Ademais, ofrecerán un recital de poesía Marilar Aleixandre, Marga do Val, Antía Otero, Enma Couceiro e Marica Campo. A música en vivo estará a cargo de Luís Martínez (piano) e Rosalía Vázquez (violonchelo).
Ver programa.