Compostela: presentación de O porco Farruco, de Margarita Fernández

O 21 de xullo, ás 20:00 horas, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, preséntase o primeiro libro da profesora Margarita Fernández, O porco Farruco, publicado por Edicións Fervenza. A autora estará acompañada de Xosé Manuel Lobato, Esther Castelao e da ilustradora do libro, Sabela Cadarso. Así mesmo, o acto contará con acompañamento musical a cargo da Agrupación Musical Muiñeiros do Sarela.

Lalín: presentación de O porco Farruco, de Margarita Fernández

O sábado 3 de xullo, ás 20:00 horas, no Pazo de Liñares (Prado – Lalín), preséntase o primeiro libro da profesora Margarita Fernández, O porco Farruco, publicado por Edicións Fervenza. A autora estará acompañada de Xosé Manuel Baamonde, docente na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo; do profesor e escritor Mario Pereira; e da ilustradora do libro, Sabela Cadarso. Así mesmo, o acto contará con acompañamento musical.

Santiago: xornadas Poesía erótica e muller, os 30 e 31 de xaneiro

Desde Fervenzas Literarias:
“A galería de arte contemporánea A.dFuga organiza os días 30 e 31 de xaneiro as xornadas Poesía erótica e muller, coordinadas por Mar Sánchez. A primeira data destas xornadas está dedicada a un recital poético coa participación de Marilar Aleixandre, Concha Rousia, Margarita Fernández, Nazaret López (lida por Margarita Fernández), Antía Otero e Verónica Martínez. No segundo día destas xornadas desenvolveranse dous obradoiros. O primeiro deles, impartido pola escritora Concha Rousia, versará sobre a creación poética. O segundo, dedicado a corpo, poesía e performance, estará a cargo de Margarita Fernández.
O horario das xornadas será, os dous días, das 18:00 h. ás 21:00 h. no local da galería A.dFuga (R/ do Preguntoiro, 28) de Santiago de Compostela. O prezo varía dos 4 euros do recital os 8 euros dos obradoiros. Para asistir ou para recibir máis información pódese dirixir ao correo electrónico paulacabaleiro@apuntodfuga.com”.

Bos Aires: Margarita Ledo presenta un adianto do seu filme A cicatriz branca

O sábado 12 de maio, ás 17:00 horas, no Salón Valle Inclán do Centro Galicia (Rúa Bartolomé Mitre, 2552) de Bos Aires, Margarita Ledo presentará o sábado 12 en Bos Aires un adianto do seu filme A cicatriz branca, parcialmente rodado nesa cidade. Trátase dun documental baseado nalgunhas entrevistas que a autora fixo no inicio desta producción e co que a directora quere ofrecer unha homenaxe a aquelas mulleres emigrantes. Está protagonizado por Eva Veiga, Mónica Caamaño, Margarita Fernández, Xabier Deive, Lino Braxe e Tamar Novás, así como tamén novas caras do cinema (Renata Otero ou Xoana Pintos). Ademáis deles, súmase a presencia de Clotilde Iglesias, filla do mítico actor ourensán Fernando Iglesias, Tacholas.