O
xoves 10 de maio, ás 19:30 horas, na Sala del Professorat, 5º andar da Facultat de Filologia Universitat de Barcelona (Rúa Aribau, 2), Miguel Anxo Seixas Seoane pronunciará a conferencia Valentín Paz Andrade. Galicia labra a súa imaxe. O acto será presentado por Adolfo Sotelo. Crónica posterior no blogue de Estudis Gallecs i Portuguesos.
Arquivos da etiqueta: Miguel Anxo Seixas Seoane
Vigo: mesa redonda sobre Valentín Paz Andrade
O
martes 10 de abril, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, terá lugar unha mesa redonda sobre Valentín Paz Andrade, que, coa presentación e coordinación de Miguel Anxo Seixas Seoane, reunirá a Tucho Calvo, Xan Carballa e Charo Portela. Crónica posterior en Galaxia e no blogue de Ramón Nicolás.
Rianxo: presentación de Vivir, unha aventura irrepetíbel, de Mercedes Queixas
O
sábado
28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas, publicada en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.
“A cultura de Paz Andrade”
Reportaxe
en Cultura Galega sobre Valentín Paz-Andrade:
“A cultura galega como un auténtico potencial espiritual e económico, a aproveitar as posibilidades internacionais da nosa lingua de cara á lusofonía. Esta é, moi resumida, a visión que tiña Valentín Paz Andrade, homenaxeado no Día das Letras de 2012, sobre este ámbito noso país. Debullamos os riscos principais do seu pensamento nesta área da man do seu libro Galicia como tarea e coa axuda do escritor e investigador Miguel Anxo Seixas. Non é sinxelo, nos nosos días, coñecer polo miúdo o pensamento de Valentín Paz Andrade. A maior parte das súas obras están esgotadas e levan anos sen se reeditar. Galicia como tarea auténtico manifesto que recolle as súas ideas sobre o futuro do país foi editado orixinalmente en 1959 e é difícil de atopar. Pendentes das múltiples reedicións e análises que nos agardan nos vindeiros meses, achegámonos ao pensamento deste multifacético galeguista. (…)”

