Meira: IV Festa da Afirmación e Dignidade

imm_irimia-2016

Mini e Mero falan da musicalidade dos poemas de Manuel María

Desde Mini e Meroo Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag Diario conta coa presenza no estudio dos músicos Xosé Luis Rivas, “Mini”, e Baldomero Iglesias, “Mero”, integrantes de A Quenlla, para falar da súa relación co escritor chairego Manuel María. Eles contribuíron a espallar coa música os versos do autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A entrevista pode verse aquí.”

O Couto (Ponteceso): actos destacados no Festiletras o domingo 15

OFestiletras 2016 Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados no domingo 15 de maio:
12:40 h., na Fundación Eduardo Pondal. Entrega dos premios “Bos e Xenerosos”: Isabel Blanco, Carlos Núñez, Fina Casalderrey e Xosé Luís Rabuñal.
19:00 h., na Casa dos Veciños. Actuación de Mini e Mero.

Crónica videográfica da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2016 (III)

AGalaMestrasESMemoria2016 Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria tivo lugar o sábado 19 de marzo na Casa do Saber do Concello de Lugo.

Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as seguintes intervencións:
Francisco Almuíña. Primeira intervención.
Entrega do Premio Mestres da Memoria a Mini e Mero.
Francisco Almuíña. Segunda intervención.
Encerramento da Gala e actuación de “Lúa chea de San Xoán”.

Lugo: Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria

AAELG Logo 3-2015 AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a literatura de tradición oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», terá lugar o 19 de marzo, ás 19:00 horas, na Casa do Saber (Vicerreitorado da USC-Lugo, Praza Pío XII, 3), na xornada previa ao Día da Narración Oral.
O obxectivo principal da Gala é a entrega dos IV Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se concede a dous informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional.
A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, aprobada na Asemblea xeral de Socios-as, foi a de outorgar os premios de 2016 a Dolores Macías Pose e Mini e Mero.
No acto, ademais dos premiados, intervirán o grupo de gaiteiros Lúa chea de San Xoán, o acordeonista Eloi Mato, Matilde Vilariño e Francisco Almuíña.
Entrada libre até completar aforo.

GalaMestrasESMemoria2016

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado 13 de febreiro a súa asemblea xeral

(A Coruña, 13 de febreiro de 2016) AAELG Logo 3-2015 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou na mañá de hoxe sábado a súa Asemblea Xeral de socios/as, que acordou outorgar a Dolores Macías Pose, e a Mini e Mero os Premios Mestres/as da Memoria 2016, galardóns que se entregarán na I Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria a celebrar en Lugo o 19 de marzo; tamén o nome do Escritor/a Galego/a Universal 2016, distinción que se recollerá Pere Gimferrer na I Gala do Libro Galego que terá lugar o 14 de maio na cidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, acordouse que Helena Villar Janeiro sexa a próxima “Escritora na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo segunda edición; será no mes de xuño no Concello de Rianxo.

AprobouseCartel AELG Día de Rosalia de Castro 2016 o programa de actividades para o ano, que inclúe como a máis próxima a celebración do vindeiro Día de Rosalía de Castro (anexamos o deseño base feito por Pepe Barro para difundir os actos que se desenvolverán por todo o país). O programa aposta por continuar con actividades de traxectoria xa asentada e de alcance social como son os paseos literarios ou os obradoiros da Escola de Escritoras e Escritores; tamén a organización ou corganización de xornadas de formación dirixidas ao estudo das diferentes formas de crear literatura contemporánea desde os espazos de formación de novos formadores/educadores/mediadores da lectura. Tamén se reforza o proxecto coordinado pola Sección de Literatura de Tradición Oral coa celebración dunha Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria e a través da celebración de novas polafías e dunha nova edición, a novena, da Xornada de literatura de tradición oral. Asemade, a visibilidade da escritora e do escritor a través da web continuará a ser un eixo central da actuación da entidade co enriquecemento do espazo común e mais de cada páxina individual con que cada Socia/o conta no Centro de Documentación da web da AELG.

Tamén se acordou a incorporación de tres novas vogalías ao Consello Directivo da AELG, as de Ledicia Costas por Vigo, Ramiro Torres como responsábel de comunicación, e mais Afonso Becerra como vogal de literatura dramática.

Anunciouse a creación dunha Sección de Literatura Dramática e confirmouse a participación activa da AELG na plataforma Seguir creando.