O
xoves 11 de outubro, ás 18:00 horas, a Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego xunto coa Biblioteca do Museo organiza unha visita guiada á exposición “BibliotequEROS. O erotismo nas bibliotecas do Museo do Pobo Galego“, que se exhibe no Museo do Pobo Galego até o día 14 de outubro.
A visita será guiada polo comisario da exposición, D. Santiago Díaz Lage.
Prégase que as persoas que desexen asistir o comuniquen indicando o seu nome e apelidos no correo da Oficina de Socias e Socios (socios@museodopobo.gal). O aforo é reducido.
O prazo para a inscrición remata o mesmo xoves ás 17:00 horas.
Arquivos da etiqueta: Museo do Pobo Galego
Compostela: “BibliotequEros”, mesa redonda arredor dos libros e do erotismo
Compostela: inauguración da exposición BibliotequEROS, no Museo do Pobo Galego
Compostela: presentación de Os Eidos, de Uxío Novoneyra, e a Biblioteca de Mesopotamia
O
22 de xuño, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego, Chan da Pólvora Editora cumpre dous anos e celébrao coa presentación en Compostela do selo Biblioteca de Mesopotamia e do seu segundo título, Os eidos de Uxío Novoneyra.
Compostela: presentación de Galiza. Un país de primeira, de Adela Leiro e Mon Daporta
Compostela: presentación e lectura do libro Os cantos do mar, de Dorothé Schubarth
Compostela: Antonio Fraguas Fraguas. Vinte aniversario (1999-2019)
Carlos García Martínez. Dende a raíz coas ventás abertas
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Percorremos os pasos do director do Museo do Pobo Galego na súa despedida. Podemos escoitar este especial sobre Carlos García Martínez aquí.”
Faleceu Carlos García Martínez
Segundo
vén de comunicar o Museo do Pobo Galego ás persoas e entidades asociadas, faleceu o Director desta institución e Socio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Carlos García Martínez, o 17 de marzo de 2018. A AELG lamenta fondamente a súa perda.
A capela ardente estivo aberta o domingo 18 de marzo pola tarde, e o luns, día 19 de marzo, desde as 10:00 até as 16:00, momento en que partirá o cortexo fúnebre cara ao cemiterio de Santa María de Figueiras.





