Arquivos da etiqueta: Nós Televisión
Os Trazos de Risco (Cap.1) – Vicente Risco e a Arte – Patricia A. Chachero e Iria-Friné R. Vázquez
Álex Alonso fala da súa novela O teito é de pedra en Nós TV
Carlos Callón: “O portugués nace nunha entidade política chamada Reino de Galiza”
Antía Yáñez fala da súa novela O clan das barbies en Nós Televisión
Documental “Maridos e sodomitas, os casamentos de home na Galiza medieval”, a partir da idea orixinal de Carlos Callón
Entrevista a Paula Carballeira sobre Ubasute
Entrevista a Paula Carballeira en Nós Televisión arredor de Ubasute:
“Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, a alguén. Pouco importa que intentes cambiar de espazo, que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar a culpa. Non existe un lugar no mundo onde fuxir de ti, e mesmo as pantasmas acoden cando as chamas, con poesía ou cos recordos. Ademais, no teatro, tamén as pantasmas cobran vida diante dos nosos ollos. A entrevista pode verse aquí.”
Rosa Aneiros fala da novela A noite das cebolas en Nós Televisión
María Lado: “Xa non hai unha idea solemne e vella da poesía”
Entrevista a María Solar arredor de Adeline
Entrevista a María Solar en Nós Televisión:
“Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa unha misteriosa viaxeira. A muller é idéntica á que viu en soños moitos anos atrás. Non é un encontro casual. Aquela moza está alí para descubrirlle que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e que os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós. “Os non mortos non temos idade. Laura, só quero que saibas que estou en perigo.” Finalista do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. A entrevista pode verse aquí.”