Arquivos da etiqueta: Oficios e profesións poemas son
Feira do Libro da Coruña 2020: actividades destacadas do 5 de agosto
O 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Concha Blanco asina Oficios e profesións poemas son, publicado por Embora.
– 18:00 h. Marta Domínguez asina De Carballo Calero a Carvalho Calero, publicado por Hércules.
– 19:00 h. José António Lozano asina Obscura Anatólia, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Manuel Monge asina Os restos do franquismo en Galiza, publicado por Laiovento.
– 20:00 h. Xosé Iglesias asina A relixión do mar, publicado por Caldeirón.
– 20:00 h. Xurxo Souto asina A gran travesía de Chiruca Macallás, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 20:00 h. Emma Pedreira asina Os corpos invisibles, publicado por Xerais, As fauces feroces, publicado por Baía, e o resto da súa obra.
– 21:00 h. Beatriz Maceda Abeleira asina Ardora, publicado por Urco.