O xoves
24 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, preséntase o libro Rúa da Cancela, de Eli Ríos e Eduardo Estévez, obra gañadora do IV Premio de poesía erótica Illas Sisargas, e publicada pola A. C. Caldeirón. Posteriormente, terá lugar un recital de poemas dos/das autores/as gañadores/as dos consecutivos premios de poesía erótica Illas Sisargas, coa participación de Eli Ríos, Alberte Momán, Lino Braxe, Emma Pedreira, Paco Souto e Paco de Tano.
Arquivos da etiqueta: Paco de Tano
A Coruña: recital de poesía de Paco de Tano
O domingo
12 de setembro, a partir das 20:30 h., desenvólvese un recital de poesía erótica a cargo de Paco de Tano, acompañado ao piano por Sergio. Será no Bâbâ Bar (rúa Pérez Cepeda, 23), da Coruña, cunha entrada de 3 euros.
A Coruña: presentación de Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira e de E alentar na túa rosa, de Paco Souto
A Galería Sargadelos e Caldeirón aprácense en convidalo/a á presentación dos libros Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira (III Premio de poesía erótica Illas Sisargas) e de E alentar na túa rosa, de Paco Souto (Accésit III Premio de poesía erótica Illas Sisargas). O acto, que contará coa participación de Emma Pedreira, Paco Souto e Paco de Tano, terá lugar o vindeiro xoves, 15 de abril, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos da Coruña (rúa Real, 56).
A Coruña: presentación de libros de Lino Braxe e Alberte Momán
Mañá mércores 11 de febreiro ás 20:30 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) presentaranse os libros gañadores do II Premio Illas Sisargas de poesía erótica convocado conxuntamente polo Concello de Malpica e a Asociación Caldeirón desta localidade. Os libros premiados foron Baile Átha Cliath de Alberte Momán, con ilustracións de Paco Souto; e Baixo o Sol de Mesina de Lino Braxe, con ilustracións de Sol Rivas. O acto contará coa participación de Paco de Tano, Sol Rivas e os dous autores, Lino Braxe e Alberte Momán. A entrada é libre.