– 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
– De 17:30 a 19:30 h.- “Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato”. Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música. – 18:00 h.- Presentación da serie de novelas “Suso Espada”, de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega “Suso Espada. Nota Roja“. Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso. – 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
– 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: “Tradicción“. Diante do Kiosco Alfonso. – 20:00 h.- “Declaración audiovisual: Lois Pereiro“, por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
– 20:30 h.- “Moita poesía, pouca diversión”. Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.
A Coruña: 12 da mañá, Obelisco (Cantón Grande).
A Estrada: 13 horas, Praza do Concello.
A Guarda: 12 da mañá, Auditorio de San Bieito.
Allariz: 12 da mañá, Praza Maior.
Ares: 12 da mañá, Praza do Concello.
Arteixo: 12 da mañá, anfiteatro do Paseo Fluvial.
As Pontes: 12 da mañá, Praza de América.
Barcelona: 19 horas, Centro Galego de Barcelona (Rambla).
Barreiros: 18 horas, escolas de Celeiro de Mariñaos.
Belfast: 16 horas, Culturlann, Falls Road (oeste de Belfast).
Betanzos: 12 da mañá, palco da música do Cantón.
Boiro: desde as 11:30, romaría popular na finca do Pazo de Goiáns.
Bos Aires: 12 da mañá (hora arxentina), Praza Castelao (Bernardo de Irigoyen e Independencia).
Bruxelas: 19 horas, Place de Luxembourg, fronte ao Parlamento europeo.
Cambados: 12 da mañá, Alameda (xunto á estatua de Cabanillas).
Cambre: 12 da mañá, Vila Florentina (Cecebre).
Carballo: 12 da mañá, Paseo do Anllóns.
Carral: 12 da mañá, Monumento aos Mártires.
Cedeira: 12 da mañá, Praza da Reitoral da Vila Vella.
Celanova: 12 da mañá, Vilanova dos Infantes.
Culleredo: 12 da mañá, Praza de Europa (O Burgo).
Fene: 12 da mañá, local do Pote (Maniños).
Ferrol: 12 da mañá, Praza do Himno Galego (Esteiro).
Florencia: 18:30, Piazza Senioria.
Lalín: 12 da mañá, Praza da Igrexa.
Lugo: 12 da mañá, Rúa da Raíña (fronte ao Hotel Méndez Núñez).
Madrid: 12 da mañá, Parque Breogán (zona Avenida de Bonn), xunto á estatua de Castelao.
Marín: 12 da mañá, na Alameda.
Monforte de Lemos: 12 da mañá, Praza de Santa Clara.
Narón: 12 da mañá, Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal.
Nigrán: 11:30 da mañá, Parque da Ramallosa.
Nova York: 17 horas, Battery Park (fronte á estatua da Liberdade).
O Barco de Valdeorras: 12 da mañá, pasarela peonil do Salgueiral.
O Carballiño: 12 da mañá, Praza Maior.
Oleiros: 12 da mañá, Praza do Emigrante (Porto de Santa Cruz).
Oroso: 12 da mañá, Praza de Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro).
Ourense: 12 da mañá, Xardíns do P. Feixóo.
Oxford: 17 horas (hora inglesa), xunto a Carfax Tower.
Padrón: 12 da mañá, Paseo do Espolón (xunto á estatua de Rosalía).
Palas de Rei: 12 da mañá, Praza do Concello.
Pontedeume: 11:30 da mañá, Praza do Concello.
Pontevedra: 12 da mañá, Praza da Peregrina.
Redondela: 12 da mañá, Praza do Concello.
Ribadavia: 12 da mañá, Praza Maior.
Ribeira: 12:30 da mañá, Rúa de Galiza.
Sada: 12 da mañá, Praza dos Irmáns Suárez Picallo.
Salceda de Caselas: 12 da mañá, Praza do Concello.
San Sadurniño: 12 da mañá, Praza do Concello.
Santiago de Compostela: 11:30, Porta Faxeira.
Soutomaior: 12 da mañá, Alameda de Talorrío (Arcade).
Valdoviño: 12 da mañá, Praza da Casa da Cultura.
Verín: 12 da mañá, Praza Maior.
Vigo: 11:30, Praza da Princesa.
Xenebra: 20 horas, Asociación S.C.D.R Galaica, 18, Chemin de la Caroline, Petit-Lancy.
Xinzo de Limia: 12:30 da mañá, Praza Maior (ou Praza de San Roque).
“Todo está xa en marcha para o vindeiro sábado 30 de abril vivirmos, a partir das 19:30 h. na compostelá Sala Capitol, unha gran festa colectiva en favor da nosa lingua e da nosa cultura. Un ACTO NACIONAL POLA LINGUA co que desde a Plataforma Queremos Galego desexamos amosar que a nosa é unha lingua viva, con forza e con futuro, malia os ataques recibidos polo actual goberno da Xunta de Galiza, do cal se fan estes días precisamente o seu segundo aniversario.
Desde Queremos Galego convidámosvos desde xa a que, se outros compromisos non volo impediren, nos acompañedes o día 30, a partir das sete e media, na Sala Capitol, nun acto onde palabras e sons na nosa lingua propia unirán toda a súa potencia para reclamarmos unha vez máis os nosos dereitos lingüísticos. Presentado e conducido polo polifacético creador e humorista Xosé Lois González “O Carrabouxo”, combinarase a música de Ugia Pedreira, Roi Casal e a súa banda, Miro Casabella e Roberto Sobrado coa palabra de Ernesto Chao, actual presidente de Escena Galega; Manuel Rivas; Teresa Moure; Pilar García Negro; Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG); e Carlos Callón.
As entradas ao acto teñen un prezo simbólico de 5 euros, que se destinará integramente a axudar economicamente á Plataforma Queremos Galego para que poida continuar coas súas actividades. Na páxina web da plataforma está xa operativo un sistema de reserva de entradas, que podedes retirar na propia billeteira da Sala Capitol o propio día 30 a partir das 19:00 h. No mesmo sitio, na sección de materiais, podedes descargar baners publicitarios da iniciativa en diferentes tamaños para pórdes en páxinas, blogues, etc. Esta gran festa da nosa lingua será ademais o punto de partida para a gran mobilización expansiva que desde Queremos Galego estamos a impulsar para o vindeiro 17 de maio, para a cal desde xa vos emprazamos e da que axiña daremos máis detalles.
Agardándomos desde xa a vosa presenza, recibide unha moi forte aperta pola lingua.”
O venres 22 de outubro, ás 19:30 h., no Centro Socio Cultural de Fontiñas de Santiago de Compostela, preséntase o libro Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo, publicado por Laiovento, coa participación de Luís Villares, Anxo Louzao, Héctor Castro, Dalila Dopazo e Francisco Pillado. O acto está convocado pola plataforma Queremos Galego!.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que forma parte da Plataforma “Queremos Galego”, contará con pancarta propia na manifestación convocada para o vindeiro luns 17 de maio, ás 12 da mañá, e que partirá da Alameda de Santiago de Compostela.
A AELG convida os seus Socios/as, e en xeral a todos os escritores e escritoras en lingua galega, a sumarse a esta manifestación tras a pancarta da Asociación, que estará na entrada da Alameda.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que forma parte da Plataforma Queremos Galego, contará con pancarta propia na manifestación convocada para o vindeiro luns 17 de maio, ás 12 da mañá, e que partirá da Alameda de Santiago de Compostela. A AELG convida os seus Socios/as, e en xeral a todos os escritores e escritoras en lingua galega, a sumarse a esta manifestación tras a pancarta da Asociación, que estará na entrada da Alameda.
Podes ver a lista de autobuses dispoñíbeis e os contactos para solicitar praza neles, clica aquí. Podes ver a pancarta e información actualizada, clica aquí.
Esperando contar coa túa presenza, recibe un sempre cordial saúdo do Consello Directivo da AELG.
Segundo se anunciou en días pasados, mañá mércores darase a coñecer o texto do decreto contra o galego no ensino que subsistuirá o actual texto legal aprobado en 2007.
Coincidindo co último Consello da Xunta do ano 2009, que se celebrará no Pazo de Raxoi, a plataforma cidadá Queremos Galego convida a todas as galegas e galegos a unha concentración na Praza do Obradoiro o mércores 30 de decembro ás 17 horas.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia. Entendemos que está de acordo con isto, mais pode desactivalas se o desexa. Configuración de CookiesAceptar
Política de privacidade e cookies
Política de privacidade
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas cookies, as clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador, por seren esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de desactivalas, mais isto podería repercutir na súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.