Entrevista a Calros Solla no Diario Cultural da Radio Galega:
“Crónica da Galiza bizarra (Edt. Morgante) reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina par. Nelas nos somerxemos co autor desta obra, Calros Solla. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Radio Galega
“A novela dos últimos días de Manuel Antonio”
Entrevista a Xosé Ricardo Losada no Diario Cultural da Radio Galega:
“Xosé Ricardo Losada novela en O rosario e a buguina as últimas semanas de vida de Manuel Antonio contrapoñendo a voz do poeta rianxeiro coa de súa nai, dona Pura, unha mestra conservadora e profundamente relixiosa. Losada xa abordara a vida de Manuel Antonio nunha biografía e con esta obra de ficción conseguiu o premio Torrente Ballester 2020. A entrevista pode escoitarse aquí.”
“Galicia pensada como unha única cidade ligada a Portugal”
Entrevista a Antón Baamonde na Radio Galega:
“O filósofo e ensaísta Antón Baamonde presenta o libro Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global. O autor explica como Galicia non ten que pensarse como un país con sete grandes cidades, senón como unha única urbe que agrupa moitas. Asegura que o futuro galego podería mellorar se se combinase o norte de Portugal co Eixo Atlántico para atraer investimentos, poboación, recursos e talento. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Ana Cabaleiro vén follear connosco Deixádenos remar
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Finalista do Premio Xerais de Novela 2020, a novela de Ana Cabaleiro, Deixádenos remar, editada por Xerais, presenta un humilde barrio periférico alterado e turbado pola incursión dunha nova aparición de chalés de luxo e a chegada dos novos veciños dese microcosmos. A escritora e xornalista visita o Diario cultural para debullar as realidades que se derivan deste fío argumental e de todo o que rodea a novela. A entrevista pode escoitarse aquí.”
“Rosa Aneiros e as ‘Sibilas’”
Entrevista a Rosa Aneiros no Diario Cultural da Radio Galega:
“Rosa Aneiros publica Sibila, unha novela que é a súa volta á narrativa para adultos despois dun exitoso paso por outros lugares. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista á Escritora na súa terra: Concha Blanco, no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Percorremos Cee con Concha Blanco, pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego. A AELG homenaxea a escritora, que desde agora ten na vila unha praza co seu nome e un pradairo plantado na súa honra. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Carlos Labraña: “O obxectivo do teatro debe ser representalo nun escenario”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Carlos Labraña: “O obxectivo do teatro debe ser representalo nun escenario”. Entrevista arredor de Contra o reloxo. Pode escoitarse aquí.”
Alefato, o alfabeto hebreo e uns poemas
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Alefato é un canto á comunidade xudía en Galicia. Desde o século XI as terras galegas acolleron un pobo de vizosa historia. A raíz do xudaísmo nutriría as outras dúas relixións monoteístas, e desde aquel altar de Siquen consagrado por Abrahám até o Finis Terrae, as vinte e dúas consoantes hebreas que Xosé Lois García canta neste delicioso libro son escusa de reflexión filosófica, fundamentada na Cábala, e asemade devalo erudito arredor da historia galega ligada co pobo semita. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Teresa Moure sobre A tribo que conserva o lume
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Teresa Moure presenta o libro A tribo que conserva o lume. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Como é chegar a ser tradutora residente sendo estadounidense?
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Como é chegar a ser tradutora residente na Xunta semdo estadounidense? A profesora Kathleen March gañou a praza. Falamos con ela e polo momento aínda está en Maine. A entrevista pode escoitarse aquí.”