Artigo
en La Voz de Galicia:
“A carballesa Rosalía Fernández Rial presentou na biblioteca Rego da Balsa, «na casa», a súa nova obra Bonus Track e a súa primeira aproximación ao vasto mundo do relato. Bonus Track por dous motivos, di Fernández Rial. O primeiro, pola gran carga musical que leva consigo o libro, pois as cancións actúan como fío condutor ao longo de toda a obra. A segunda razón corresponde a un aspecto máis íntimo, máis poético.
«Correspóndese con iso que sentimos cando nalgún momento da nosa vida nos parece que non queda nada, pero de repente aparece un bonus track que nos fai recuperar a esperanza», explicaba Rosalía en Radio Voz o pasado mércores. Isto é, dun xeito ou doutro, o que lles sucede aos protagonistas dos 22 relatos que compoñen este volume, cuxa mensaxe principal radica no positivismo, na esperanza.
«Na sinopse, de feito, excribín: Son relatos que tecín con letras de cancións e con derradeiras esperanzas. Non me gusta condicionar moito ao lector á hora de interpretar a obra, non creo que a escritora sexa a que teña a visión máis obxectiva, nin moito menos», apuntaba. Gran paso o dado por Fernández Rial nesta obra, pois abandona momentaneamente a lírica, o que dende sempre foi o seu campo por excelencia. Aínda así, explica ela, os relatos levan implícita unha gran carga poética, «aínda que o xeito de escribir sexa diferente. Hai unha evolución que é inherente á persoa. Os cambios que vou sufrindo eu vense reflectidos na miña escrita».
Ao seu potencial público obxectivo indícalle que se «deixe levar», non só polas verbas, senón pola musicalidade. De feito, anímaos a escoitar unha listaxe de reprodución feita pública pola editorial na que figuran todos os temas que soan ao longo da obra. «Considero que pode enriquecer enormemente o relato, xa se escoiten antes, durante ou despois». (…)”
Arquivos da etiqueta: Rosalía Fernández Rial
Carballo: presentación de Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial
Compostela: presentación de Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial
Booktrailer de Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial
Compostela: presentación de Home invisíbel, de Xavier Queipo
O
mércores 27 de decembro, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase Home invisíbel, de Xavier Queipo, publicado pola A. C. Caldeirón, obra coa que acadou XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas. Xunto a el estarán a poeta Rosalía Fernández Rial e Cé Tomé, autor das ilustracións do libro.
Compostela: Poetes itinerants/Poetas itinerantes, en decembro
Emoción, poesía e evocación do compromiso na homenaxe nacional a Paco Souto
Desde
Sermos Galiza:
“(…) Sete meses despois, centos de persoas encheron o Teatro Colón da Coruña na primeira homenaxe nacional a Paco Souto nun espectáculo colectivo organizado pola Deputación da Coruña e coordinado pola poeta Rosalía Fernández Rial e que foi apresentado pola vicepresidenta da institución, Goretti Sanmartín, e pola viúva do poeta Emma Abella.
O tributo -convocado sob a lenda de “Atesourando a palabra”- reuniu unha nutrida representación das artes polas que Paco Souto profesaba un maior cariño: as plásticas, a poesía, a música… Rosalía Fernández Rial contou para este evento con poetas como Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández ou Paco de Tano; artistas plásticas como Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña ou Abraham Vila, e músicos como Serxio Moreira, Aida Saco e Fran Barcia, ou figuras do eido audiovisual como o cineasta Xosé Bocixa.
Elas e eles tomaron a palabra para, desde o afecto e a admiración, evocaren a figura dun escritor que, alén de producir a súa propia obra, foi un importante promotor da cultura na Costa da Morte, o seu territorio, nas diferentes artes. Gabaron non só o Paco Souto poeta, mais tamén o Paco Souto activista político comprometido desde o nacionalismo coa causa das clases populares e dos direitos nacionais de Galiza.
“Foi un grande axitador cultural, coa súa continua vontade para promover actos e iniciativas culturais. Paco Souto foi a personificación do verbo dar”, sobranceou Rosalía Fernández Rial, quen louvou a súa actitude “voluntariosa e colaborativa”. (…)”
A Coruña: Atesourando a Palabra, Homenaxe Nacional a Paco Souto
O
sábado 11 de novembro, a partir das 20:00 horas, no Teatro Colón da Coruña, terá lugar a Homenaxe Nacional a Paco Souto Atesourando a Palabra. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou para sempre a súa voz. O prezo é gratuíto, sendo necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro.
Coordina e presenta: Rosalía Fernández Rial. Participan: -Poetas: Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández e Paco de Tano. -Artistas plásticos: Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña, Abraham Vila. -Músicos: Aida Saco, Serxio Moreira, algúns músicos de Samarúas. Vídeo: Xosé Antón Bocixa Rei.
A Coruña: Atesourando a Palabra, Homenaxe Nacional a Paco Souto, o sábado 11
O
sábado 11 de novembro, a partir das 20:00 horas, no Teatro Colón da Coruña, terá lugar a Homenaxe Nacional a Paco Souto Atesourando a Palabra. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou para sempre a súa voz. O prezo é gratuíto, sendo necesario retirar a entrada na billeteira do Teatro.
Coordina e presenta: Rosalía Fernández Rial. Participan: -Poetas: Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández e Paco de Tano. -Artistas plásticos: Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña, Abraham Vila. -Músicos: Aida Saco, Serxio Moreira, algúns músicos de Samarúas. Vídeo: Xosé Antón Bocixa Rei.




