Arquivos da etiqueta: Rubén Martínez Alonso
A verdade nos espellos, de Rubén Eyré, gañadora do XV Premio Risco de Creación Literaria
Desde o Concello de Ourense:
“A verdade nos espellos é o novo libro gañador do Premio Risco de Creación Literaria que organiza o Concello de Ourense. O xurado vén de resolver a obra gañadora correspondente á XV edición deste certame, que foi elixido dun total de 16 traballos presentados.
A verdade nos espellos é un libro de relatos autoría de Pablo Rubén Jorge Eyré. O xurado destacou que o contexto da literatura galega está moi ligada ao relato tal e como se manifesta neste libro que conecta coa nosa tradición literaria. Asemade subliña como foi artellando os contos, a maneira de traballar os finais, sorprendentes, ben resoltos e destaca tamén a riqueza lingüística do texto e o coidadoso dominio do idioma. Pablo Rubén Jorge Eyré (Rubén Eyré) é natural de Chantada.
O xurado desta XV Edición do Premio Risco de Creación Literaria estivo formado por:
– Rubén Martínez Alonso, gañador da pasada edición.
– María Garrido, profesora de ensino secundario.
– Constantino Pazos Sobrino, profesor de ensino secundario.
– Ánxela Gracián, responsable editorial Sotelo Blanco.
– Luís Martínez-Risco, representante da Fundación Vicente Risco.”
Radiocrítica do 18-08-2014, por Armando Requeixo
Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 18 de agosto en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva sobre As escaleiras do Gran Hotel, de Rubén Martínez Alonso (I, 00:15); As covas de aceiro, de Isaac Asimov, traducido por Alejandro Tobar (I, 5:30 e II, 00:00); Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro (II, 3:10) e a revista Suroeste (III, 00:21).”
Pódese escoitar na versión orixinal nestas tres ligazóns.
A Coruña: actos literarios destacados do sábado 9 na Feira do Libro
O sábado 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 13:00 h. Paula Carballeira e o ilustrador Xosé Tomás presentan o seu libro A Burra Ramona, con sesión de ilustración e contacontos. Actividade organizada por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Raros e curiosos, de Carlos López, publicado por Edicións Embora. Xunto co autor, participará no acto o escritor e xornalista Carlos G. Reigosa.
– 19:00 h. Diana Varela e Xulio Valcárcel asinarán na caseta de Editores Coruñeses.
– 20:00 h. Xosé Vázquez Pintor presenta o seu libro Columnas de papel 2, publicado por Morgante.
– 20:00 h. Sinatura de libros de Rubén Martínez Alonso na caseta de Consorcio Editorial.
– 20:00 h. Sinatura de O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila e Galiza Mutante: Poder Nuclear! e Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola, publicados por Urco Editora, na caseta de Libraría Cartabón.
Ourense: actividades destacadas do mércores 4 na Feira do Libro
O mércores 4 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:30 h. Presentación do libro O espido de Gina, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. Xunto co autor, participan no acto José Manuel Rubín e Víctor Freixanes.
– 20:30 h. Presentación do libro Peinador, do escritor Rubén Martínez Alonso gañador do XIV Premio Risco de Creación Literaria, publicado pola Editorial Sotelo Branco.
Rubén Martínez Alonso: “Lucidez na loucura”
Santiago: presentación de 1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso
O xoves 16 de xuño, ás 19:45 horas, na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela, preséntase a novela 1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso, publicada en Toxosoutos. No acto acompañarán ao autor Xosé Díaz e David González Couso.