Faladoiros Que se pode facer co Patrimonio Inmaterial?, na Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria

Os Faladoiros Que se pode facer co Patrimonio Inmaterial? celébranse no marco da VI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, o xoves 28 de outubro ás 19:00 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo.

Para asistir a este acto é necesaria a inscrición previa no teléfono 981133233 ou a través do mail: oficina@aelg.org

REGUEIFA con Alba María e Sara Marchena

FALADOIRO: Que facemos nós co Patrimonio Inmaterial?
Interveñen:
– Mónica Fernández (Tradescola-As. Gaiteiros Galegos)
Antonio Reigosa (Sección de Literatura Oral da AELG)
Modera: Lois Pérez

HISTORIAS DE FONTARÓN
Pepe Osorio e Suso Telo

ANÉCDOTAS E SUCEDIDOS DE DONCOS
Xosé Espín Mejía

Museo do Pobo Galego: Obradoiro para persoas adultas Regueifa para a Igualdade, o 27 de xuño

A regueifa é un modo de improvisación oral propio de Galicia no que dous grupos se retan dialecticamente. Introducindo temáticas como a ecoloxía, a defensa da lingua e, especialmente, o feminismo, traemos a regueifa ao século XXI procurando un discurso actualizado, que promova a igualdade e, á vez, axude a transmisión da lingua galega como ferramenta socializadora.
Este obradoiro estará dirixido por Sara Marchena e Alba María, filólogas e regueifeiras do Proxecto Regueifesta.

HORARIO: xoves 27 de xuño de 17:30 h. a 19 h. no Museo do Pobo Galego.
PÚBLICO: persoas adultas.
PRAZAS: 25.
PREZO por materiais:
Persoas desempregadas e socias/os do Museo: de balde. Para quen non estea nestas situacións: 2€.
INSCRIPCIÓN PREVIA (por orde de chegada): servizosdeac@museodopobo.gal ata o 25 de xuño.

Quen son as docentes?
ALBA MARÍA
Cantora, compositora e improvisadora oral galega. Graduada en Lingua e Literatura Galegas. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: Aínda (2014). Desde os 13 anos mergúllase no mundo da música popular galega, desenvolvendo unha intensa actividade, eminentemente no eido da regueifa, con mestres improvisadores como Josiño da Teixeira, Pinto de Herbón, Luís O Caruncho ou o decimero cubano Alexis Díaz-Pimienta. Colabora co proxecto Regueifesta na introdución da regueifa no ámbito educativo. Arredor da oralidade publica Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo (2017), monográfico centrado na historia e orixes da regueifa.

SARA P. MARCHENA
Titulouse en Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2017 e na actualidade mestura o estudo da oposición ó ensino coa regueifa, as clases particulares e o debate escolar.
Comezou a súa relación coa regueifa no seu instituto de Vigo no ano 2011 cos mestres Pinto de Herbón e Caruncho nos cursos da asociación ORAL de Vigo e no certame escolar de Valadares. Estando xa en Compostela entra en contacto con Séchu Sende e Manolo Maseda para comezar como colaboradora no Proxecto Regueifesta, no que participou máis activamente durante o curso 2018-2019.
Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa e Improvisación Oral en centros de ensino e asociacións de toda Galiza, con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do repente galego.

Alba María e Sara comezaron a impartir obradoiros de improvisación oral no Museo do Pobo Galego durante o curso 2017-2018 centrándose especialmente na perspectiva de xénero e no traballo pola igualdade. Este modelo de obradoiro foi levado despois a centros de ensino de diferentes lugares de Galiza, a festivais e asociacións variadas. Xuntas tamén teñen actuado en diferentes eventos como a Poesía Salvaxe de Ferrol.

Ferrol: Semana de Poesía Salvaxe 2019, actos destacados para o 26 e 27 de abril

A Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol chega á súa XII edición con estas actividades destacadas dentro do seu programa para os 26 e 27 de abril:

26 de abril
12:00 Mercado de Recimil. Carlos D’Abreu, Sandra Santos, Alba María, Sara Marchena, Itha K., Suin Al, Víctor M. Díez e o resto de poetas convidados/as.
12:30 h. Inferniño. Músicos in versos. Vitali Maemba, Suin Al, Blues Band, Cabe García, Xoán Padín, Manolo Bacalhau e Lucas Ferrández. Improvisando coas nosas poetas.
17:00 h. Mareando os versos na Lancha da ría. David Trashumante, Avelino Saavedra, Vitali Maembe, Al Vidal, Miguel Neira, Sandra Santos, Myriam Niboucha, Víctor M. Díez, Pedro Campos, Cristina de la Maza, Eugenia Sanmartín, Fernando Naveiras e Manolo Bacalhau.
19:30 h. Capela do Torrente Ballester. Olga Novo e Tamara Andrés.

27 de abril
– As 12:30 h. Sesión Vermout na Fundaçom Artábria. Con David Trashumante, Evaristo Saavedra, Carlos D’Abreu, Sandra Santos, Estevo Creus, Vitali Maembe, Alba María, Sara Marchena, Alfredo Vidal, Raquel Lima, Lucía Aldao, María Lado, Eva Xanín, Itha K. e Música inversa.