Desde
Sermos Galiza:
“A igrexa de Gres, en Vila de Cruces, ficou pequena para acoller na tarde do sábado o funeral do escritor Xosé Neira Vilas, que finou a pasada sexta feira aos 87 anos de idade.
O féretro do autor de Memorias dun neno labrego foi recibido con sentidos aplausos na tarde do sábado no exterior da igrexa de Gres, onde comezaba a soar o Himno nacional. O crego que oficiou o funeral destacou de Neira Vilas o seu “corazón cheo de xenerosidade”. “Quería que os nenos e nenas como Balbino tivesen unha vida digna”. “Imos seguir convivindo con el porque a súa pegada é moi forte”, engadiu o párroco, quen subliñou que o escritor sempre foi fiel ás súas raíces, “nunca estivo tranquilo até que regresou”.
Participou no acto unha nutrida representación do mundo da política e da cultura. Entre moitas outras persoas atopábanse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence; a deputada do BNG e candidata de Nós, Candidatura Galega, Carme Adán; o ex alcalde de Boimorto e candidato de Nós, Xosé Luís Rivas “Mini”; o alcalde de Lalín, Rafa Cuíña; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; o escritor e candidato de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello; o actor Cándido Pazó ou o editor Víctor Freixanes.”
Arquivos da etiqueta: Víctor F. Freixanes
Boiro: presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
Compostela: presentación de As últimas galerías, de Xosé María Álvarez Cáccamo
A Coruña: entrega do Premio Repsol a Marcos Calveiro
O
martes 17 de novembro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita, 17), na Coruña, Marcos Calveiro recibirá o Premio Repsol de Narrativa Breve outorgado á súa novela Fontán, publicada por Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Román Rodríguez González, Ignacio Egea Kraul, Víctor F. Freixanes e Loreto Silvoso. Ao final haberá un recital a cargo dos membros do Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia.
A Coruña: presentación de As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán
O
martes 17 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), preséntase o libro As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán, publicado por Galaxia. No acto, acompañando o autor, participan Felipe Senén e Víctor F. Freixanes.
Compostela: presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
O
mércores 11 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Xesús Laíño, Xerardo AgraFoxo e Víctor F. Freixanes.
Láncara: entrega do XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País a Basilio Losada e mesa redonda sobre Ramón Piñeiro
O
sábado 7 de novembro, ás 17:00 horas, en Láncara terá lugar unha mesa redonda na honra de Ramón Piñeiro no centenario do seu nacemento, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Val de Láncara. Intervirán os académicos Rosario Álvarez Blanco, Víctor F. Freixanes, Basilio Losada Castro e Xesús Alonso Montero. O tamén académico Henrique Monteagudo actuará como moderador. Previamente, o membro de honra da RAG Basilio Losada recollerá o XIV Premio Ramón Piñeiro López Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara.
Presentación de Barthes filósofo, XIV Premio de Ensaio Ramon Piñeiro
Desde
Galaxia:
““Neste libro hai tres celebracións: Roland Barthes, a lingua galega e a filosofía”. Con estas palabras Luis García Soto (A Coruña, 1956) agradeceu o Premio Ramón Piñeiro que, na súa XIV edición, se lle entregou onte pola obra Barthes filósofo, no paraninfo na Facultade de Filosofía de Universidade de Santiago de Compostela.
Luís G. Soto, profesor nesta facultade, da que foi decano durante anos, reivindicou a filosofía como a gran ponte para a vida e o coñecemento, e a lingua galega coma unha gran rede de relación, afectos e socialización “que se tece arredor de nós e nos dá sentido e identidade”. Respecto a Barthes, filósofo que vén ocupando unha parte importante da actividade intelectual do premiado, este ano cúmprense cen anos do seu nacemento. “Esta obra, escrita en galego, enriquece a bibliografía sobre un autor fundamental no pensamento contemporáneo e, ao mesmo tempo, nos posiciona nos debates que se están a celebrar en toda Europa sobre o seu pensamento”.
Uxía Rivas, profesora na facultade, actuou de madriña na presentación, cunha analise sobre a obra premiada, e o vicerrector de oferta docente, Roberto López, que presidíu o acto, citou a Emilio Lledó para reivindicar oa estudos de filosofía, hoxe ameazados por unha concepción mercantilista das humanidades, marxinadas dos planos de estudo das universidades pola cultura do diñeiro e do utilitarismo “que simplifican e deforman a realidade, eliminando o pensamento crítico”.
O Premio Ramón Piñeiro, centrado no xénero de ensaio, convócase todos os anos pola Editorial Galaxia co patrocinio de Gas Natural Fenosa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. En palabras de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, “o ensaio é un xénero de madurez que aposta polo cualitativo fronte ao cuantitativo e que está na mellor tradición do catálogo da editora. (…)””
Compostela: debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza
O
mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa do Santo Antonio, 10, baixo), de Santiago de Compostela, terá lugar un debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, libro publicado en Galaxia, nun acto organizado pola A. C. O Galo, onde intervirán Xusto Beramendi, Joám Evans Pim, José Antonio Portero Molina, Xavier Vence e Víctor F. Freixanes, quen presentará e actuará de moderador.
Vídeo da presentación de Fábula, de Xavier Alcalá, na Coruña
Desde Palavra Comum:

