O
venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase o libro gañador do XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicado en Espiral Maior. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Ergueitos, participan, xunto ao autor, María Casar, Baldo Ramos e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Arquivos da etiqueta: Xerardo Quintiá
Sarria: presentación de Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá
O
venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Sarria, preséntase o libro Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicada en Espiral Maior, obra gañadora do XI Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. No acto, coorganizado pola editorial, o Concello de Sarria e a A. C. Ergueitos, participan, xunto ao autor, Xiana Arias, Miguel Anxo Fernán-Vello, Francisco Pérez e María Casar.
Lugo: actividades do martes 17 de maio na Feira do Libro
Comeza
a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), que abre o martes 17, con horario de 11:30 a 14:30 h. e de 17:00 a 21:00 h. O programa completo pódese consultar aquí.
As actividades máis destacadas do martes 17 son as seguintes:
– 18:30 h. Recital poético: Poetas de Lugo arredor de Lois Pereiro. Participan Xavier Rodríguez Barrio, Marica Campo, Isidro Novo, Xerardo Quintiá, Xosé Miranda e Manuel Xosé Neira.
– 19.45 h. Inauguración oficial. Actuación dun grupo de música tradicional galega, homenaxe da Federación de Libreiros de Galicia á Libraría La Voz de la Verdad polo centenario da súa fundación, e pregón inaugural a cargo da escritora e académica Margarita Ledo Andión.
Sarria: o 7 de maio entrega do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño a Xerardo Quintiá
O sábado 7 de maio, a partir das 19:30 horas, no Hotel Alfonso IX de Sarria, celebrarase a festa da poesía coa entrega a Xerardo Quintiá o XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. No acto, organizado pola A. C. Ergueitos, participarán os membros do xurado Chus Pato, Xiana Arias, Baldo Ramos, Xermán Arias e María Casar, contando con Francisco X. Fernández Naval como mantedor e as actuacións do músico Manu Clavijo e o mago Carlos Coira.
