O
domingo 30 de outubro, ás 13:00 horas, no Local Social de Lestedo (Boqueixón), preséntase o libro Máxico tear natural, de Xosé Manuel Lobato, publicado en Alvarellos Editora. No acto, acompañando ao autor, intervirán Adolfo Gacio, Ovidio Rodeiro, José Iglesias e Henrique Alvarellos.
Arquivos da etiqueta: Xosé Manuel Lobato
Boiro: presentación de Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato
O
venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro (Rúa Principal, 65), terá lugar a presentación do libro Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato Martínez, publicado en Alvarellos. No mesmo acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Alvarellos Editora, a Galería Sargadelos do Barbanza e o Concello de Boiro presentarase tamén un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, ademais do autor, participan Xosé Ricardo Losada, Henrique Alvarellos, Jesús Lojo Alcalde, Alberto Piñeiro e Helena Teixeira Barcala.
Santiago: presentación de En defensa do poleiro
O
martes 16 de novembro, a partir das 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase En defensa do poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e no que participaron máis de 60 escritores galegos. No acto estarán presentes Xoán Carlos Domínguez Alberte, coordinador do volume, con David Otero, Mariña Pérez Rei, Xan Fraga, Lourdes Maceiras, Xosé Manuel Lobato e Baldo Ramos. Tamén se proxectará o audiovisual: O Iesplicable.
Rianxo: presentación do libro de Xosé Manuel Lobato
Este venres 5 de xuño ás 20:30 preséntase o libro Retorno a Natura de Xosé Manuel Lobato no Salón de Actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Participan na presentación Pedro Piñeiro Hermida, Xesús Costa (historiador), Henrique Alvarellos (editor), Alfonso Martínez (ilustrador) e o propio autor. Para rematar o acto plantarase unha árbore no Parque Galicia. Previamente, as 18:00 h desenvolverase un obradoiro de comic a cargo do ilustrador Alfonso Martínez destinado principalmente a nenos/as e mozos/as.