Arquivos da etiqueta: Xulio García Rivas
Carballo: presentación de Tempos de pandemia. Diario dun confinamento, de Xavier Seoane e Xulio García Rivas
Carballo: inauguración da exposición As raíces da luz, de Xulio García Rivas
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 1 de agosto
O 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:30 h. María Canosa asina As pombas de Bastián e Unha fábrica de bicos, publicados por Xerais, e H2… Oh!!!, ilustrado por Luz Beloso, publicado por Galaxia, xunto ao resto da súa obra.
– 18:30 h. Yolanda Castaño asina Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 18:30 h. Presentación de Tempos de pandemia, de Xavier Seoane e Xulio García Rivas, publicado por Espiral Maior. Participan, xunto aos autores, Eva Veiga e Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 19:30 h. Presentación cruzada de A señorita Bubble e Os minimortos, de Ledicia Costas, e Vaia cabuxiño!, de El Hematocrítico, publicados por Xerais.
– 19:30 h. Xavier Seoane asina Tempos de pandemia, publicado por Espiral Maior, Cancións para Ana Lúa e Dicionario irreal para un país imposible, publicados por Xerais, e o resto da súa obra.
– 19:30 h. David Pintor asina A Coruña, publicado por Kalandraka.
– 20:30 h. Ledicia Costas e El Hematocrítico asinan as súas obras.
– 20:30 h. Presentación e sinatura de Destempo, de Silvia Bardelás, publicado por Barbantesa, con Ana Romaní.
A Coruña: presentación de Poesía Cromática, de Antonio García Teijeiro e Xulio García Rivas
Antonio García Teijeiro e Xulio García Rivas. Poesía Cromática
Santiago: exposición con obra pictórica de Baldo Ramos, Aurichu Pereira e Xulio García Rivas
Do venres 30 de setembro ao venres 28 de outubro, con horario de visita de luns a venres de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:00 a 21:00 horas, na Galería de Arte Citania (Rúa Algalia de Abaixo, 39) de Santiago de Compostela, exporán a súa obra pictórica Baldo Ramos, Aurichu Pereira e Xulio García Rivas. A inauguración terá lugar o propio venres 30 setembro, ás 20:30 horas.