Nacho Taibo, premio O Escritor na súa Terra

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O escritor Nacho Taibo recibiu o sábado o premio O escritor na súa Terra, que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A Nacho Taibo levárono para Madrid vinte días antes de nacer en 1949. Pero os veráns que pasaba na Coruña e as obras completas de Rosalía acabáronlle revelando o amor á terra e o idioma galego que levaba dentro. A entrevista pode verse aquí.”

Street Poems, de Fran Alonso: unha viaxe mundial pola poesía do graffiti

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Street Poems é o último poemario infantil de Fran Alonso. Unha viaxe por graffitis de todo o mundo que demostran que a poesía aparece nos lugares máis insospeitados. Pode verse a entrevista aquí.”

“Dicir Álvaro Cunqueiro é dicir Mondoñedo”

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O investigador e crítico literario Armando Requeixo acaba de publicar unha guía literaria sobre Mondoñedo a partir dos escritos de Álvaro Cunqueiro e outros escritores mindonienses. Requeixo, tamén natural da vila, cre que visitar Mondoñedo é viaxar a un espazo e a un tempo, real e ó mesmo tempo mítico, que ninguén entendeu mellor ca Cunqueiro. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”

Entrevista a Carlos Negro e Héctor Cajaraville, Premios Jules Verne e Merlín

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista aos gañadores do Jules Verne de literatura xuvenil: Carlos Negro, polo seu poemario Aplicación Instantánea, e do Merlín de literatura infantil: Héctor Cajaraville, pola súa fábula Kusuma. Poden verse aquí.”

Siro: caricatura, humor e arte para deformar a realidade

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Siro, o caricaturista, pintor e teórico da arte, vén de publicar dous libros no mes de maio, e catro o ano pasado. Neles reflexiona sobre a historia da caricatura, o humor no Quixote ou como Castelao formou parte da vangarda gráfica europea. (…)”

Entrevistas con Isabel-Clara Simó no Zig-zag e no Diario Cultural

“Nesta Gala do Libro, a escritora catalá Isabel-Clara Simó recollerá o Premio de Escritora Galega Universal. Ela declarouse moi feliz con este recoñecemento que, segundo os seus promotores, pretende ser un acto de amor fraterno coa lingua e co compromiso ético que encarna a escritora premiada.
Aquí pode verse a entrevista á autora no programa Zig-zag, e nestoutra ligazón a entrevista no Diario Cultural.

Doce cartas a María Victoria, de Ánxela Gracián

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Seguimos falando de María Victoria Moreno, e de como achegar a súa figura aos mais novos. Estamos xa con Ánxela Gracián, autora de Doce cartas a María Victoria. A entrevista pode verse aquí.”