Tucho Calvo, director de Biblos

DesdeTucho Calvo o Zig-zag de Televisión de Galicia:
“O libro, 6 poemas 6, parte dos seis poemas que García Lorca escribiu en galego e que Nós publicou en 1935 da man de Ánxel Casal. O poemario, no que participan 36 poetas, celebra o centenario da primeira visita que Lorca fixo a Galicia. A entrevista completa pode verse aquí.”

Pedro Feijóo percorre os escenarios da súa última novela

Desde Pedro Feijooo Zig-zag da Televisión de Galicia:
Morena, perigosa e románica sitúase en Vigo, onde se suceden un roubo épico, un secuestro dalgún personaxe famoso e outras tramas disparatadas. Zig-zag fai con Feijóo un percorrido polos puntos da cidade olívica que aparecen na súa novela. A entrevista pode verse completa aquí.”

Entrevista a Antonio García Teijeiro no Zig-zag

EntrevistaAntonio García Teijeiro a Antonio García Teijeiro en Zig-zag da Televisión de Galicia:
Antonio García Teijeiro fala no programa do poemario Palabras do mar, con ilustracións de Xosé Tomás, que publicou o pasado outubro.
O poeta participa noutra publicación, Lendo lendas, digo versos, xunto co especialista en literatura popular Antonio Reigosa e o ilustrador Xosé Cobas. O libro recolle vinte lendas, acompañadas todas de cadanseu poema. A entrevista pode verse completa aquí.”