A Coruña: conferencia T(r)opos ou unknow pleasures, de Rebeca Baceiredo

O venres Rebeca Baceiredo27 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, dentro do ciclo Ciclo Escrita(s) 2011, que, baixo o título de Circunvolucións, consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores. Nesta conferencia, Rebeca Baceiredo falará sobre T(r)opos ou unknow pleasures: “A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua é do que se fala. Ir máis alá da linguaxe, e que isto signifique unha revolución. Das conciencias.”

O Carballiño: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández

O xoves 26 de maio, ás 20:00 h., no Casino do Carballiño (Rúa Tomás María Mosquera, 6), preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto acompañarán ao autor Carlos Lema, Ángel de la Cruz e Eduardo Galán.

Santiago: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas

O xoves 26 de maio, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentacion de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Gracia Santorum e Manuel Bragado, e o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén) interpretarán as pezas do disco que acompaña á novela.

A Coruña: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo Unha película, unha canción, un libro

O xoves Xabier P. DoCampo26 de maio, a partir das 20:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Xabier P. DoCampo participará nunha charla no ciclo Unha película, unha canción, un libro, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, no que falará sobre as súas vivencias nestes campos.

Bertamiráns: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro

O xoves 26 de maio, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina (Travesía J. R. Azcárraga, 5) de Bertamiráns, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Henrique Monteagudo e Xaime Subiela.

Ourense: presentación de as desfeitas do día, de Pedro Riobó

O mércores 25 de maio, ás 20:00 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o libro de poesía as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó, publicado en Edicións Morgante. A presentación incorpora un recital audiovisual dunha duración aproximada de vinte minutos. Participarán como invitados os alumnos da Facultade de Maxisterio de Ourense Andrea Cid e Antonio Cascante.