O venres 27 de maio, ás 21:00 h., no Teatro Principal de Santiago de Compostela, representación da peza que a Compañía Inversa Teatro preparou a partir do libro A illa das mulleres loucas de Alfonso Pexegueiro. A obra é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura. Vanesa Sotelo dirixe esta montaxe, con escenografía de Inversa Teatro, deseño de son de Berrogüetto e música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (harpa), que actuarán en directo.
Arquivos anuais: 2011
A Coruña: conferencia T(r)opos ou unknow pleasures, de Rebeca Baceiredo
O venres 27 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, dentro do ciclo Ciclo Escrita(s) 2011, que, baixo o título de Circunvolucións, consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores. Nesta conferencia, Rebeca Baceiredo falará sobre T(r)opos ou unknow pleasures: “A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua é do que se fala. Ir máis alá da linguaxe, e que isto signifique unha revolución. Das conciencias.”
Xesús Alonso Montero reclama un Panteón laico nun acto por Rosalía
Diego Ameixeiras prepara outra novela negra
Entrevista de Santiago Jaureguizar a Diego Ameixeiras en El Progreso.
Ramón Lorenzo: “O PP non fai galeguismo cordial, o que fai é atacar a lingua”
(Xornal)
Zamora: conferencia Mitoloxías populares de Occidente: do Olimpo ao Fisterra, por Antonio Reigosa
O xoves 26 de maio, ás 20:15 horas, no Museo Etnográfico de Castela e León (en Zamora) terá lugar unha conferencia de Antonio Reigosa, titulada Mitoloxías populares de Occidente: do Olimpo ao Fisterra, con entrada libre e gratuíta até completar capacidade.
O Carballiño: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O xoves 26 de maio, ás 20:00 h., no Casino do Carballiño (Rúa Tomás María Mosquera, 6), preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto acompañarán ao autor Carlos Lema, Ángel de la Cruz e Eduardo Galán.
Santiago: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O xoves 26 de maio, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentacion de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Gracia Santorum e Manuel Bragado, e o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén) interpretarán as pezas do disco que acompaña á novela.
A Coruña: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo Unha película, unha canción, un libro
O xoves 26 de maio, a partir das 20:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Xabier P. DoCampo participará nunha charla no ciclo Unha película, unha canción, un libro, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, no que falará sobre as súas vivencias nestes campos.
Bertamiráns: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O xoves 26 de maio, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina (Travesía J. R. Azcárraga, 5) de Bertamiráns, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto acompañan ao autor Henrique Monteagudo e Xaime Subiela.