O venres 28 de outubro, ás 21:00 horas, en Barriga Verde (Rúa Matemático Rodríguez, 9) de Lalín, prosegue a xeira de recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eli Ríos, Alberte Momán e María Lado.
Arquivos anuais: 2011
Rianxo: presentación de In vino veritas, de Francisco Castro
O venres 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase In vino veritas, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, e no que participan, acompañando ao autor, María Xesús Blanco López e Antón Riveiro Coello, presentarase a exposición de Che Tembra Castelao: 125 aniversario. Ao inicio e ao final do acto Iago Hermo Martínez interpretará varias pezas musicais ao piano.
O Carballiño: presentación de Sermos Galiza
A sexta feira, venres 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Casino do Carballiño (R/ Tomás María Mosquera, 6), organizada en colaboración coa Asociación Cultural Avantar, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza.
A Coruña: IX Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e fotografía
O venres 28 de outubro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a IX edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.
A Coruña: representación de Pisados, de Gustavo Pernas
O venres 28 e sábado 29 de outubro, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos) da Coruña, con entradas de 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregadas/os: 5 euros), represéntase Pisados, unha obra escrita e interpretada por Gustavo Pernas. Botamán de Melide sopra follas no outono e aprende idiomas co paso dos peregrinos do Camiño de Santiago. Máis tarde descobre, entre as follas do chan, a linguaxe secreta dos pisados. Pode falar cos zapatos e vén revelarlle ao público o que calan as bocas e gardan os pés. Baixo a dirección de Ánxela G. Abalo.
Santiago: presentación de Candeloria, de Baldo Ramos
Vigo: presentación de Vía secundaria, de An Alfaya
O venres 28 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Vía secundaria, de An Alfaya, publicado en Xerais, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia no 2010. No acto acompañarán á autora Ramón Nicolás e Manuel Bragado.
Baiona: presentación de Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, de Francisco Maseda
O xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas, no Parador de Turismo de Baiona, preséntase Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, do historiador Francisco Maseda, publicado en Biblos. O acto contará coa presenza de Carlos Méixome (presidente do Instituto de Estudos Miñoranos) e Tucho Calvo (editor).
Vilaboa, Culleredo: obradoiro sobre tradución e creación O trasvase das augas, a cargo de Xoán Abeleira
Todos os martes do 15 de novembro do 2011 ó 3 de xaneiro do 2012 (con posibilidade de prolongación), de 19:00 a 21:00 horas, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra, Pazo de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), terá lugar un obradoiro sobre tradución e creación, baixo o título de O trasvase das augas, impartido por Xoán Abeleira.
O curso consta dun total de 16 horas presenciais, repartidas en 8 clases de dúas horas de duración. O prezo do obradoiro –material didáctico incluído– será de 100 euros (50 euros ó mes), a ingresar ó principio do mesmo. Está destinado a calquera persoa, en xeral, e estudantes ou afeizoados á tradución, en particular. É recomendable (mais non imprescindible) ter certos coñecementos de galego, castelán, inglés e francés, linguas que manexaremos durante o obradoiro, aínda que tamén analizaremos algunha tradución feita dende o italiano (Cesare Pavese) e o alemán (Rainer Maria Rilke). As prazas teñen un límite máximo de 15 alumnas/os. Para máis información e reservas, poden contactar co autor no número de teléfono 686397847, ou no correo xalundes@mundo-r.com.
O programa do obradoiro será enimentemente práctico, co obxectivo claro de constatar o feito de que o tradutor é tamén, e sobre todo, un creador. A partir dos seus máis de trinta anos de experiencia, tanto en galego coma en castelán, o poeta, narrador e tradutor Xoán Abeleira irá poñendo exemplos concretos de todas as clases de problemas cos que pode bater un tradutor-creador de poesía ou de prosa, e das distintas maneiras nas que estes se adoitan e/ou se poden resolver. Asemade, a segunda hora de cada clase estará dedicada a analizar e comentar as traducións que os asistentes ó obradoiro realizarán tanto individual coma colectivamente –xa que ámbalas dúas fórmulas de achegamento á tradución serán abordadas durante o cursiño.
Aquí pode descargarse a información en .pdf: O trasvase das augas, obradoiro de tradución.
Celia Díaz gaña o Premio de narración Pura e Dora Vázquez novelando as ferreirías de Quiroga
“Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961) fíxose coa IX edición do Premio de narración Pura e Dora Vázquez -que xa gañou na súa primeira edición, no 2004-, na súa modalidade de narración, que convoca anualmente a Deputación de Ourense e que está dotado cun premio de 3.000 euros. O texto premiado, Rugando, sitúase neste lugar de Quiroga, e a autora parte da base histórica do funcionamento das antigas ferreirías para constuir un relato de intriga. Como explicou, a obra estrutúrase, fundamentalmente, en dúas partes. A primeira sitúase no presente e os protagonistas son un grupo de xornalistas da TVG que se trasladan a Quiroga para realizar un documental sobre a elaboración do ferro. En pleno labor, atoparanse cun misterio, que Díaz Núñez, obviamente, non quixo desvelar. Na segunda parte da novela, o lector viaxará ata o século XIX, cando un monxe de Samos chega a Rugando para administrar a ferreiría. É precisamente nesta época onde se fragua o misterio que percorre a obra. “Logo hai un epílogo breve non que esas dúas épocas únense para resolvelo”, resume a escritora. (…)”. Vía El Progreso.