Arquivos mensuais: Xaneiro 2016
María Reimóndez participa no festival literario “The Hindu Lit For Life Festival”
Desde Galicia Hoxe:
“A escritora María Reimóndez participará este venres 15 de xaneiro no ‘The Hindu Lit for Life festival’, o festival literario máis importante do sur da India que reúne os autores máis sinalados do país e que serve tamén de plataforma para que as lectoras interactuar de forma directa cos escritores máis eminentes.
Reimóndez será a única autora galega e unha das poucas estranxeiras, invitadas a participar neste encontro. O venres 15, ás 17,40 horas, formará parte dunha mesa redonda sobre ‘Nocións cambiantes do Estado Nación: visión dende a perspectiva feminista’, na que dialogará coa activista e poeta do Támil Thamizhachi Thangapandian e co tamén poeta crítico indio K Satchidanandan.
Ademais, Reimóndez lerá algún dos seus poemas traducidos ao támil por Thangapandiam, a lingua do sur da India que se fala en Támil Nadu e tamén no noroeste de Sri Lanka. Os poemas traducidos proveñen dos poemarios Moda Galega, Moda galega reloaded e Presente continuo.
A vinculación da escritora galega co sur da India, e en concreto con Támil Nadu, vén de moi atrás e ten que ver co seu traballo no campo da cooperación ao desenvolvemento. A través da ONG Implicadas no Desenvolvemento, que fundou en 1998, Reimóndez traballa dende hai anos neste estado e tamén en Etiopía.”
Betanzos: presentación de A outra voz, con Alberte Momán
Manuel Rivas, escritor
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Acaba de publicar a novela O último día de Terranova. A entrevista completa pode verse aquí.”
Entrevista a Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista ao secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, centrada na súa perspectiva sobre as actividades previstas no Día das Letras. Pode verse completa aquí.”
Tucho Calvo, director de Biblos
Desde o Zig-zag de Televisión de Galicia:
“O libro, 6 poemas 6, parte dos seis poemas que García Lorca escribiu en galego e que Nós publicou en 1935 da man de Ánxel Casal. O poemario, no que participan 36 poetas, celebra o centenario da primeira visita que Lorca fixo a Galicia. A entrevista completa pode verse aquí.”