Deixamos aquí as fotos da Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito, que tivo lugar o pasado 2 de abril. A Galería de Fotos pódese ver aquí.
Arquivos mensuais: Abril 2016
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Manuel Rivas (2 de abril de 2016)
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria con Manuel Rivas, que tivo lugar o pasado 2 de abril. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Entrevista a Xavier Queipo arredor de Os kowa
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Xavier Queipo presenta Os kowa. A entrevista pode escoitarse aquí. Con esta novela gañou o Premio Blanco Amor.”
Vigo: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas
O mércores 6 de abril, ás 20:00 horas, no Café de Catro a Catro (Rúa Girona, 3), en Vigo, preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participan, xunto ao autor, Franco Cobas e Helena Pérez.
I Concurso Balbino de relatos “O rural galego” 2016
Pontevedra: actos destacados do martes 5 e mércores 6 na Feira do Libro
O martes 5 de abril comeza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
Martes 5:
– 19:00 h. Pregón a cargo de Alberto Fortes, quen ao remate asinará exemplares de O dobrón de a oito, publicado por Xerais.
Mércores 6:
– 18:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.
– 19:00 h. Presentación de Tempo de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicado por Xerais, en edición de Anxo Angueira. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Anxo Angueira: “Sempre se vai poder dicir algo novo de Rosalía de Castro”
e Caín, o novo libro de poemas de Paco Souto
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“e Caín, o novo libro de poemas de Paco Souto, abre a nova colección de poesía de Laiovento. “A poesia sempre a entendín como intervención, como coñecemento e tamén como brincadeira”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Bases do XXVIII Premio de Novela Manuel García Barros
Héctor Cajaraville gaña o XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Desde Fervenzas Literarias:
“O Concello de Lugo deu a coñecer o gañador do XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, premio que recaeu en Héctor Cajaraville pola obra Once portas, presentada baixo o lema Amelia I.
O xurado estivo formado pola escritora Mercedes Leobalde, o escritor Antonio Reigosa e o director de Xerais, Manuel Bragado, baixo a presidencia, con voz e sen voto, da concelleira de Cultura Carmen Basadre, e como secretario o coordinador de Publicacións do Concello de Lugo, Darío Xohán Cabana. (…)”