Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (I)
O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Presentación de Cesáreo Sánchez Iglesias:
– Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Carme Adán:
– Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Laura Mintegi:
– Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Clàudia Pujol:
Betanzos: presentación de Vagabundos, solitarios e sentimentais, de X. H. Rivadulla Corcón
Ferrol: Semana de Poesía Salvaxe 2019, actos destacados para o 24 e 25 de abril
A Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol chega á súa XII edición con estas actividades destacadas dentro do seu programa para os 24 e 25 de abril:
24 de abril
– 18:00 h. Kiosko da Música (Cantón de Molíns): Proclama poético-política. Con Guillermo Ferrández, Víctor M. Díez, Quico Cadaval, Antón Cortizas e Karlotti, rematando con recital de poetas locais.
25 de abril
– 12:00 h. Mercado da Magdalena e no Mercado de Caranza. Poesía en carne viva. Con Eva Xanín, Myriam Nibouche, Víctor M. Díez, karlotti, Moraima, Kostoya, Xurxo Souto, Eli Zeta e Cris de la Maza.
– 18:30 h. Ateneo Ferrolán. A palavra encarnada. Con Sandra Santos e Raquel Lima.
– 20:30 h. Teatro Jofre. Nuno Júdice e Manuel Rivas, con Eugenia Sanmartín.
Ferrol: actos destacados do 25 de abril na Feira do Libro 2019
O 25 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 17:00 h. Recital dentro da Semana de Poesía Salvaxe. Participan Víctor Díaz, Karlotti Valle e Guillermo Fernández.
– 18:30 h. Pepablo Patinho asina exemplares de Lúa, na caseta de Edicións Embora.
– 19:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta de Secretaría.
– 20:00 h. Presentación de Antes de perdermos a memoria, de Alfonso Tellado, por Edicións Embora. Participa Xoán Barro.
– 20:00 h. Guillermo Llorca asina exemplares de Ferroláns na caseta de Edicións Embora.
A Coruña: presentación de Viaxeiros, con Xulio Gutiérrez
Compostela: presentación de Elas, as emigrantes, de Carmen V. Valiña
Vigo: presentación de Hotel para coleccionistas discretos, de Diego Giráldez
Bases do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade
XXXVIII edición do Premio Blanco Amor de Novela Longa
“Ante a necesidade de proceder á convocatoria da XXXVIII edición do Premio Blanco-Amor de novela longa, unha vez vista a proposta de bases elaboradas conxuntamente polos servizos provinciais e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, e de conformidade coa proposta formulada, a Xunta de Goberno, adopta o seguinte acordo:
1º.- Aprobar as referidas bases e convocar o XXXVIII Premio Blanco-Amor de novela longa, consonte coas seguintes cláusulas:
Primeira.- Poderán participar nel todos os autores e as autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
Segunda.- As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos.
Terceira.- As obras presentadas terán que ser inéditas.
Cuarta.- De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, rúa Progreso n.º 32, 32003 Ourense, facendo constar no exterior Para o XXXVIII Premio Blanco-Amor. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e o enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
Quinta.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o venres 16 de setembro de 2019, cento vinte e dous aniversario do nacemento, en Ourense, de Eduardo Blanco-Amor.
Sexta.- O xurado do premio será nomeado pola Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, e estará composto por cinco membros de recoñecido prestixio no ámbito da cultura galega. Facúltase ao xurado para a interpretación e integración das posibles dúbidas nestas bases en todo o relativo á concesión do premio.
Sétima.- O premio estará dotado con 15.000 € e unha obra escultórica.
Oitava.- O premio poderase declarar deserto, de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado.
Novena.- O xurado reunirase con tempo suficiente antes da entrega do premio e fará pública a súa decisión, perante os medios de comunicación.
Décima.- A concesión do premio implicará a cesión ao autor dos dereitos da primeira edición en lingua galega da obra. A dita edición deberá realizarse nun prazo máximo dun ano dende a data da entrega do premio, quedando sen efecto a cesión no caso de que no dito prazo non se leve a cabo.
O gañador deste premio comprométese a participar en cantas presentacións do libro lle requira a Deputación de Ourense ou a Fundación Eduardo Blanco-Amor, ata un máximo de dez.
As obras non premiadas devolveránselles aos/ás autores/as que o soliciten nun prazo dun mes contado dende o día do veredicto. En caso de non recollerse dentro deste prazo os orixinais serán destruídos.
Décimo primeira.- A entrega do premio terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, o domingo 1 de decembro de 2019, corenta cabodano do autor de A Esmorga.
Décimo segunda.- O feito de concorreren a este premio presupón que os/as autores/as aceptan estas bases.”