Entrevista de Pilar G. Rego a Fran Fernández Davila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Con Groenlandia, a súa quinta novela, o autor gañou a 17ª edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
A novela, ambientada nos Azores, combina o estilo dos libros de viaxes coa literatura romántica, policial e de aventuras.
“Disque Groenlandia é a illa máis grande do mundo. Que todo está por desconxelar. E que ninguén sabe que atoparán alí cando o xeo marche. Que marchará seguro”.
A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vigo: presentación das traducións de Mouros fóra!, de Goran Vojnovic, e A ponte sobre o Drina, de Ivo Andric, por Jairo Dorado, o 26 de decembro
Salceda de Caselas: presentación de Cuspindo miserias, de Neves Rodríguez, o 26 de decembro
Falece o tradutor e histórico nacionalista Henrique Harguindey
Desde Nós Diario (foto do autor, desde Laiovento):
“Henrique Harguindey Banet (Lugo, 1946) é unha referencia constante da cultura galega desde os primeiros anos 60. Nado nunha familia de longa tradición nacionalista, o seu contacto coa Galiza produciuse coa lectura dos libros que atesouraba a biblioteca do seu avó, o notario Manuel Banet, compañeiro de Manuel Murguía na Liga Galega e na creación da Real Academia Galega en 1906, fundador das Irmandades da Fala e militante do Partido Galeguista. (…)
Catedrático de francés e ensinante desta materia en diversos centros de ensino da Galiza, legou unha ampla obra de traducións desde esa lingua ao galego. Neste sentido, foi autor en 1969 da versión galega da Internacional, que fan propia na actualidades as diversas organizacións do movemento nacionalista galego.
O seu labor como tradutor concretouse en máis de 40 volumes vertidos desde o francés ao galego. Nesta liña, tocou tocos os xéneros desde o teatro e a poesía até a narrativa ou ensaio, estando prevista para o mes de xaneiro a publicación da súa última tradución, a Crónica da Galiza no século XIV de Jean Froissart (…).
Unha das súas preocupacións, canda a lingüística, foi fornecer de materiais en galego o ensino e recuperar a literatura de tradición oral. Nesta esfera, deixou perto dunha ducia de volumes, a maior parte deles asinados coa súa compañeira da vida, Maruxa Barrio. Antoloxía do conto popular galego e Contos galegos son dúas mostras deste traballo (…)”
Polafía en Muimenta
A Polafía en Muimenta, organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral, coa subvención da Deputación de Lugo e o apoio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), terá lugar o venres 20 de decembro.
As intervencións dos zoqueiros Germán Anllo Falcón e Paco Morán serán realizadas en Muimenta.
Coordina: Lois Pérez (Coordinador da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG).
CITA na Pontevedra de tinta e pedra, Paseo escrito sobre Pontevedra, elaborado por Elena Gallego Abad
Aquí pode consultarse e descargar libremente o Paseo CITA na Pontevedra de tinta e pedra, escrito por Elena Gallego Abad, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra. No caso de utilización de texto e/ou fotografías, debe facerse constar a autoría.
Arzúa: presentación de Púrpura Tero, de David Cortizo Conde
Ourense: Recital Habitar o lugar, coordinado por Arancha Nogueira, o 21 de decembro
Mur Marxinal (Rúa Manuel Murguía, 11, 32005 Ourense)
Recital coordinado por Arancha Nogueira, onde se lerán textos escritos no Obradoiro de creación literaria Habitar o lugar, facernos ser, organizado pola AELG en Ourense entre setembro e outubro deste 2024, por parte das persoas participantes na actividade.