Crónica videográfica da Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2024. Historias da radio


A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2024. Historias da radio, unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, tivo lugar o mércores, cuarta feira, 9 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Participaron: Félix Jorquera (Radio Voz), Lourdes Abuide (ex-locutora Onda Cero), Paco Nieto (locutor xubilado) e Tonina Gai (locutora xubilada), coa coordinación e presentación de Lois Pérez.

Aquí pode verse a crónica videográfica:

A Coruña: Simposio Luísa Villalta. Mil son eu tan só, tan soa, do 19 ao 21 de novembro

Gonzalo Hermo gaña o XXII Premio Miguel González Garcés de poesía da Deputación da Coruña

Desde a Deputación da Coruña:
“O poeta Gonzalo Hermo resultou gañador do XXII Premio Miguel González Garcés de poesía, organizado pola área de cultura da Deputación da Coruña. O xurado decidiu premiar a súa obra Un xesto de tenrura entre as 129 propostas presentadas, das que destacaron a súa “elevadísima calidade”.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado que integraron Yolanda Castaño Pereira; Pablo Otero Rodríguez; Míriam Ferradáns Ferradás; Samuel Merino Gómez e Oriana Méndez Fuentes. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.
O xurado destacou que a obra gañadora “propón unha poesía introspectiva e depurada, onde a linguaxe rica e evocadora se achega á súa forma máis pura, eliminando excesos e retóricas para lograr unha obra de precisión sensorial”. Ademais, salientaron que “ofrece unha experiencia poética completa, cunha estrutura ben meditada, que conxuga a beleza da palabra coa profundidade do pensamento”.
Concluíron que “marca unha achega significativa á poesía contemporánea en galego, e amosa o xeito en que encarar a idade adulta comporta adoito o desvencello, pero que a luz da soidade pode ser unha forma de liberdade tamén”.”