
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Bases do Premio Xerais de Novela 2027
Lugo: A miña matriz habita entre dous hemisferios, con Almudena Otero
Ribeira: presentación de Ubre, de Xabier López Marqués
Crónica fotográfica do Roteiro literario por Carballo, con Rosalía Fernández Rial
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro literario por Carballo, que guiou Rosalía Fernández Rial o domingo 22 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí. Unha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo.
Pontedeume: presentación de O que se volve raíz, de Eva Veiga
Pontevedra: Culturgal 2026, actividades do 27 de novembro
Este é o programa do Culturgal 2026. As actividades previstas destacadas para o 27 de novembro son:
11:30 h. Encontro de Ledicia Costas co alumnado.
16:00 h. Que é a ILP Lingua Vital? A Mesa pola Normalización Lingüística.
17:00 h. Premios Xerais 2026. Alberto Lema, Ivana G. Abuín e Santiago Lopo falan sobre A boca do río, A Banda da Albóndega e A lingua dos grifóns. Edicións Xerais de Galicia.
17:15 h. Antonio Tizón asinará Madriña (versión lectura fácil) e outras obras.
17:45 h. Trazo de xiz. Miguelanxo Prado celebra os 30 anos da súa novela debuxando en directo. PuntoGal.
17:45 h. Sinatura de Fran Pérez Narf, Canto sentido cos autores Carlos Santiago e Pepe Sendón.
18:00 h. O nobelo de Nenunca. Encontro xeneracional: enfiando recordos. Premio Simbad para o recordo e o Alzheimer (+6 anos e +80 anos). Irene Alonso.
18:00 h. Presentación de Maneiras de ollar, de John Berger, na tradución de Xesús Fraga. Kalandraka.
18:00 h. Ana Sánchez asina Quen dixo medo?.
18:00 h. Miguel Rojo asina A miña outra vida.
18:45 h. Clara do Roxo asinará Baixo as pedras e outras obras.
19:00 h. Destecendo Babel. O diálogo entre a tradución e a obra vai máis alá da decodificación; afondamos nas relacións entre a persoa creadora e a tradutora con Xesús Fraga, Inma Pérez Casal e Alejandro Tobar; modera Adrián Estévez.
19:00 h. Arquitectura do poema. Como poderían ser as casas coas que sexa imposible especular? Que formas de habitar garda a palabra? Unha activación artística de Eva Antelo en colaboración con Nuria Vil.
19:30 h. Xina Vega asinará Lázara de Editorial Moléculas.
20:00 h. Presentación da edición 30 aniversario da novela gráfica Trazo de xiz, de Miguelanxo Prado. Retranca Editora.
20:00 h. AS e Razóns de peso: presentación cruzada. Diálogo a catro bandas con Andrea Nunes, Leti Citoula, María Reimóndez e Violeta Meléndrez Doval. Organiza: Catro Ventos.
Tomiño: presentación e coloquio arredor de As alumnas, de Paula Carballeira
Autorización, remuneración e transparencia: Sebastià Portell analiza a implantación da IA na literatura
Desde Nós Diario:
“O escritor e tradutor Sebastià Portell, presidente do European Writers’ Council (EWC) e da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), defendeu na Facultade de Filosofía da USC unha regulación que obrigue as empresas tecnolóxicas a pediren autorización aos autores para adestrar a intelixencia artificial (IA) coas súas obras e a remuneraren calquera uso autorizado. Fíxoo na “ARTe en tempos de Intelixencia Artificial Xenerativa”, organizada pola AELG e a facultade coa colaboración de CEDRO, na que estivo acompañado polo presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e o profesor Xavier de Donato.
Portell expuxo o traballo do EWC nos últimos catro anos en defensa do principio ART: autorización, remuneración e transparencia fronte á implantación da IA.
“Desgrazadamente, a principal arma que nos queda agora mesmo como autores literarios é ir contrato por contrato e protexernos a través de cláusulas”, explicou. Son as chamadas “cláusulas de humanidade”, polas que autores e editores se corresponsabilizan de non usar IA “para protexer o traballo de toda a cadea de valor do libro”.
O escritor aspira a unha norma que protexa “de facto” o dereito de autor, como xa ocorre “cando se fan copias dun libro, cando un libro se traduce, cando se edita nunha nova editorial”. “É algo tan sinxelo, pero aparentemente complicado para as institucións europeas, como aplicar no ámbito da IA o que xa se fai en absolutamente todos os ámbitos”, criticou.”











