O
venres 27 de abril, ás 18:00 horas, na Casa Solidaria de Ferrol, Carlos Callón falará sobre os consellos contidos no seu libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, publicado en Xerais, dentro das xornadas Transformar Ferrolterra para transformar Galiza, convocadas por Galiza Nova.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ourense: presentación do libro Dezaoito
Quiosco: Grial 193
“O
traballo de Valentín Paz Andrade e mais de Isaac Díaz Pardo como emprendedores galeguistas centran o número 193 da revista Grial, que acaba de saír do prelo. Textos dos dous persoeiros, artigos sobre o seu traballo da man de Xoán López Facal, Uxío Labarta ou Fernando Salgado, así como lembranzas de Alonso Montero e Neira Vilas sobre a figura do fundador de Sargadelos ocupan boa parte desta entrega. Canda a isto, un artigo sobre as posibilidades de Galicia como parte da Lusofonía, da man de Henrique Monteagudo e Serafín Alonso Pintos, ou unha análise sobre xornalismo e novos medios da man de Carlos G. Reigosa son outros dos contidos que se poden atopar no número.” Vía Cultura Galega.
Bruxelas: conferencia e debate sobre Valentín Paz Andrade
Boiro: presentación de Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias
O
venres 27 de abril, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Centro Social (Rúa Principal, s/n) de Boiro, preséntase o libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias, publicado en Galaxia, e o número 74 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, xunto ao autor, Xesús Laíño, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira. A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.
Manuel Núñez Singala e Elena Gallego, premios Frei Martín Sarmiento
“Fallouse
o
VIII Premio Frei Martín Sarmiento para as categorías de 1º e 2º da ESO e de 3º e 4º da ESO. Gañaron, respectivamente, Dragal, de Elena Gallego (Xerais) e Menú de enganos de Manuel Núñez Singala (Galaxia).” Vía Gálix.
Arteixo: presentación de Perspectivas sobre Bóveda
O
venres 27 de abril, ás 20:30 horas, no Centro Cívico Cultural de Arteixo, preséntase o libro Perspectivas sobre Bóveda: ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, onde participan Xurxo Couto e o editor do libro, Xosé Manuel Sánchez Rei.
Fina Xaime Isla Couto, o último da xeración Galaxia
“O
economista e Presidente de Honra de Editorial Galaxia Xaime Isla Couto morreu este mércores 25 de abril en Vigo. Isla Couto foi un dos fundadores de Editorial Galaxia en 1950 e unha importante personalidade no ámbito da cultura galega e da galeguización da empresa e da banca en Vigo durante o século XX. (…)” Vía Cultura Galega.
Letras de fantasía
“Hai
agora dez anos publicábanse na nosa lingua os tres volumes de O Señor dos Aneis, obra por antonomasia da literatura fantástica. Desde entón, este xénero foi incrementando a nosa presenza na nosa literatura, sexa mediante traducións ou con autores do propio país. A celebración dos primeiros encontros de autores do xénero amosa en qué xeito está a cristalizar a fantasía nas nosas letras. (…)” Vía Cultura Galega.
Buenos Aires: conferencia de Ramón Nicolás sobre Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 25 de abril, ás 20:30 horas, nos locais da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no salón Arturo Cuadrado (Chacabuco 955), emprazado no barrio de San Telmo en Buenos Aires, Ramón Nicolás falará de Celso Emilio Ferreiro, tanto da edición bilingüe de Longa noite de pedra como das novas achegas que incorpora na vindeira biografía que aparecerá en Xerais en datas próximas baixo o título de Celso Emilio Ferreiro no rodicio dos días. No apartado musical participarán María do Ceo e mais o seu grupo musical.

