Entrevista
a Cristina Ferreiro en El Progreso:
“A lucense Cristina Ferreiro, de 28 anos de idade, suma o Fiz Vergara a súa lista de premios gañados nos últimos anos nas modalidades de poesía e de narrativa, aínda que confesa que está máis cómoda no primeiro xénero literario. A moza, quen reside en Granada, asegura que para os escritores novos estos certames son a porta para publicar no difícil mundo editorial.
– El Progreso (EP): Que lle supuxo gañar o certame de poesía Fiz Vergara Vilariño?
– Cristina Ferreiro (CF): Pois foi unha sorpresa moi grande porque é un premio que ten moito prestixio na comunidade galega. É o primeiro premio desta magnitude que gaño e é algo bo para a miña carreira.
– EP: En que se centra o poemario co que gañou o premio sarriao, Abecedario póstumo?
– CF: Ten unha temática bastante actual. Como dixo o xurado do premio, non me quería centrar nunha crítica social, senón actuar como receptora do que acontece na actualidade.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Montalegre: Jornadas das Letras (convívio de irmandade galaico-portuguesa)
O
grupo Desperta do teu sono tem a bem organizar para os próximos dias 5 e 6 de maio umas jornadas convívio das letras galego-portuguesas. O programa inclui umas conferências, comidas de irmandade, um recital de poesia e visita a alguns dos lugares mais emblemáticos do Concelho de Montalegre.
As vagas são limitadas e a inscrição acaba o dia 3 de maio.
https://www.facebook.com/events/419517028059370/
http://www.cm-montalegre.pt/
http://www.pitoesdasjunias.com/
O plano é:
* Sábado 5:
– Por volta das 12:00 hora portuguesa concentração na casa de Turismo Rural do Padre Fontes em Mourilhe.
– 13:00 h. Jantar de confraternização e posterior recital de poesia.
– 16:00 h. Sala da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias. Apertura das palestras sobre os Vínculos entre a tradição celta e a tradição galego-portuguesa.
– 16:00 h. 1ª Conferência. António Lourenço Fontes Monumentos arqueológicos de Vilar de Perdizes e Pitões das Júnias.
– 17:00 h. 2ª Conferência: Fátima Figueiredo Tradição celta e literatura medieval galaico-portuguesa.
– 18:00 h. Visita ao Eco-museu e à cascata de Montalegre.
– 20:00 h. hora portuguesa ceia-convívio de irmandade.
* Domingo 6:
– 10:00 h. Sala da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias.
– 10:00 h. 3ª Conferência: David Outeiro Pervivência das divindades celtas na mitologia e hagiografia galegas.
– 11:00 h. 4ª Conferência: Blanca Garcia Fernández-Albalat: A Soberania indoeuropeia, celta e galaico-portuguesa: a perduração no folclore.
– 12:00 h. Em Pitões das Júnias mesa redonda, debate e conclusões.
– 14:00 h. Comida de confraternização.
Vagas limitadas. Matricula: info@despertadoteusono.com
José Manuel Barbosa: 0034-637-47.48.33
Manuel Miragaia: 0034-666-37.34.82
info@despertadoteusono.com
barbosa_gz@hotmail.com
Andrés Torres Queiruga: ”Somos libres, grazas a Deus, que nos quere realmente libres”
Entrevista
a Andrés Torres Queiruga en Galiciaé:
“(…) – Galiciaé (G): Para que o cidadán de a pé o entenda de xeito sinxelo. Pode resumir que é o que molestou tanto á Comisión para a Doutrina da Fe?
– Andrés Torres Queiruga (ATQ): En definitiva, son dous xeitos distintos de interpretar teoloxicamente a fe; non é diferenza na mesma fe, que todos profesamos. O problema está en que a comisión non fixo con claridade e rigor esta necesaria distinción.
– G: Atendendo á coherencia mantense nos seus trece respecto á súa obra e pensamento, que non pensa cambiar. Espera desculpas ou outros razoamentos despois desta chamada a capítulo?
– ATQ: Non se trata de cambiar sen máis, senón de dialogar e seguir pensando. Non son infalible e se nun diálogo serio, mediante razóns teolóxicas, aparecese algo que fose contra a fe, claro que cambiaría. Faino todo teólogo responsable. De todos modos, son moi coidadoso, nunca agresivo e sempre respectuoso e positivo. De momento penso honestamente que na miña teoloxía, que como todas pode ter e seguramente ten aspectos discutibles, non hai nada que lesione a fe da Igrexa. (…)”.
Galicia encantada: As empanadillas do moribundo
“Lenda
urbana?: As empanadillas do moribundo. Se coñecedes esta historia ao algunha outra parecida, escribide a correo@galiciaencantada.com e contádeo.”
“Un pobre paisaniño do Courel (Lugo) estaba moi maliño deitado na súa cama cando sentiu o olor da comida que máis lle gustaba, as empanadillas que lle facía a súa muller.
A pesar do seu estado, non o puido resistir; ergueuse da cama, baixou as escaleiras e foi dereitiño á cociña. E alí estaban, sobre unha mesado de madeira, nun prato a reverquer, unhas empanadillas recén feitas e quentiñas.
Máis cando lle bota a man a unha para levala á boca, alguén bateulle na caluga con algo contundente:
—Que fas?
O home desplómase como consecuencia do golpe e da súa enorme debilidade, pero cando xira a cabeza para ver quen o acosa ve a súa muller cun cullerón de ferro na man, disposta a repetir o golpe, e berrándolle:
—Nin se che ocorra comelas que son para o velorio!”
Santiago: actos destacados da Feira do Libro para o sábado 28 e domingo 29 de abril
Comeza
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do sábado 28 e domingo 29 de abril son as seguintes:
* Sábado 28:
– 13:00 h. Inauguración oficial, coa participación da Asociación do Traxe Galego, e pregón inaugural a cargo de Víctor F. Freixanes.
– 20:00 h. Presentación do libro Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, publicado en Galaxia. Xunto coa autora, participan no acto Víctor F. Freixanes e María Xesús Nogueira.
* Domingo 29:
– 18:00 h. Obradoiro de narración oral e contacontos a cargo do narrador senegalés Boniface Ofogo. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro O león Kandinga, publicado por Kalandraka Editora.
– 19:00 h. O renacer da literatura fantástica en galego: Urco editora e Contos estraños editora. Presentación das novidades das dúas editoras.
A Coruña: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo
O
luns 30 de abril, ás 20:30 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3) da Coruña, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora. No acto, acompañando á autora, participa Manuel L. Rodrigues, e estará seguido dun recital poético.
As silenciadas, documentario de Pablo Ces baseado na obra de Aurora Marco, nominado nos Premios Mestre Mateo 2011
O
documentario As silenciadas, de Pablo Ces, baseado na investigación Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, está nominado na categoría Documental nos Premios Mestre Mateo 2011, que se entragarán o sábado 28 de abril na Coruña. As silenciadas obtivo o premio Memória i Justícia Universal no III Festival Internacional de Cine de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramanet en decembro de 2011.
Xerais publica a Poesía completa de Valentín Paz-Andrade
“Xerais
publicará a Poesía completa de Valentín Paz-Andrade, volume de 752 páxinas preparado polo profesor Gregorio Ferreiro Fente, que dá a luz unha copiosísima e relevante obra poética inédita que redimensiona completamente a súa figura literaria. Son distintos poemarios escritos entre 1937 (en plena Guerra Civil, o que os reviste de especial interese para a literatura galega) e 1984: A serra. Cantos do desterro branco (1937); Sangue na neve: Etopeia da serra (1937); Cantos da aguia e do lobo (1937); Canto do pobo disperso (1955); Canto reuncial de Galiza (1980); Áurea ora de Galiza (1984); Canto en catro ao conde de Andrade (1985); Poemas soltos (1937-1984); así como os textos fragmentarios Canto do liño e da la (1937-1939) e Os sete salmos da remigración (1955).
Vigo: presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega
O
venres 27 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase a novela Dark butterfly, de Rexina Vega, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Paz Raña Lama, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez, Begoña R. Outeiro, Manuel Bragado e Lucia Riveiros Vázquez.
Noia: entrega do XI Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal
O
sábado 28 de abril, ás 13:00 horas, na Igrexa de Santa María a Nova (Carreiriña do Escultor Ferreiro s/n) de Noia, terá lugar o acto de entrega do XI Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal correspondente ao ano 2011. Presentarase a publicación do traballo gañador, A nobreza na lírica medieval galego-portuguesa, de Antonio Rey Somoza, acto en que o autor estará acompañado polo académico Henrique Monteagudo, presidente do xurado e os demais membros: Pedro García Vidal, Clodio González Pérez, Xerardo Agrafoxo e Marcos F. Ferreiro.