O
venres 9 de marzo, ás 12:30 horas, no cemiterio de Nigrán (Rúa Ceán, 3), e con motivo de se cumprir 10 anos da morte de Carlos Casares, os familiares e amigos do escritor realizarán unha ofrenda floral na súa homenaxe.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Noia: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo
O
venres 9 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora.
Cangas: presentación de Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9) de Cangas, terá lugar a presentación e un recital poético da obra Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas, publicada en Barbantesa. O recital estará acompañado dunha proxección de imaxes e música.
Gondomar: tertulia con Aurora Marco, sobre Mulleres na guerrilla antifranquista galega
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, dentro do ciclo Tertulias do Instituto de Estudos Miñoranos, Aurora Marco falará de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, presentada por Pilar Barreiro.
Castro de Rei: EntoleARTE. Proxecto de creación artística multidisciplinar no antigo manicomio de Castro
Desde a Rede Museística, a Área de Cultura e Turismo e a de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, convocamos a todos os creadores que desde as diferentes artes, técnicas e ideas (nas diferentes modalidades de plástica, música, literatura e artes escénicas) desexen participar neste proxecto de creación artística multidisciplinar denominado ENTOLEARTE e que se vai desenvolver no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei (Lugo). Este edificio, agora baleiro de residentes, o antigo manicomio de Castro, que aínda conserva a memoria da súa propia historia e a dos que durante case sesenta anos foron os seus ocupantes ben merece unha reflexión e unha posta en común desde a óptica das diferentes sensibilidades artísticas. Por iso, desde a Rede Museística da Deputación de Lugo convocamos aos creadores que desexen intervir neste experimento fugaz antes de que o edificio se dedique a outros usos. O proxecto vaise desenvolver entre o sábado 10 de marzo e o sábado 14 de abril de 2012, de acordo co programa que se anexa en PDF.
NOTA IMPORTANTE: Todos/as os/as interesados/as en participar activamente neste proxecto deben inscribirse previamente no Museo Provincial de Lugo ou chamando ao teléfono: 982 242 300 /982 242112 (atenden: Raquel e Paula). Máis información: info@museolugo.org
Servizo de autocar gratuíto desde Lugo: Todas as persoas interesadas en facer uso deste servizo deben comunicalo á hora de realizar a inscrición. Saída desde Lugo (Museo Provincial): 11:15 horas / Hora regreso a Lugo: 18:00 horas.
Allariz: presentación de Leccións de cousas, de Antón Reixa
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3) de Allariz, preséntase Leccións de cousas, de Antón Reixa, publicado en La Oficina de Arte. No acto participa, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernández.
Santiago: inauguración da exposición Os ollos das palabras, de Baldo Ramos
O
venres 9 de marzo, ás 19:00 horas, no Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia, inaugúrase a exposición Os ollos das palabras, de Baldo Ramos e Caxigueiro.
Vilagarcía: II Obradoiro de Poesía Mesa das Verbas
Pontevedra: presentación-debate de Verbas no ar, de Iria Morgade
O
venres 9 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29) de Pontevedra, terá lugar unha presentación-debate sobre a novela Verbas no ar, de Iria Morgade, obra gañadora do VII Premio Biblos. Este encontro pretende crear un lugar de debate, de encontro de ideas e de reflexión. O encontro comezará cunha breve proxección documental, seguido dun pequeno diálogo coa novela.
Lugo: inauguración da exposición Colmeiro. Paisaxe que sabe a pan
O
venres 9 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo (Praza Maior, 23), e co apoio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, inaugúrase a exposición Colmeiro. Paisaxe que sabe a pan, comisariada por Carlos López Bernárdez. A mostra, que estará aberta ao público entre os días 9 ao sábado 24 de marzo, en horario de 15:00 a 22:00 h. complétase coa publicación dun catálogo con textos de Aurelia Balseiro, Antonio Bonet Correa e Carlos L. Bernárdez.
