Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ferrol: presentación de Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza
O
xoves 23 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina Rúa María) de Ferrol, preséntase o libro Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Trifolium. No acto, xunto ao autor, participan Gumersindo Campaña e Xácome Santos.
Ángel de la Cruz: “Non sería raro que un filme de animación fose nominado na categoría de mellor película”
Entrevista
a Ángel de la Cruz en Praza:
“(…) Arrugas é un proxecto arriscado, a adaptación do álbum de Paco Roca centrado na demencia senil e o alzheimer e a vida nunha residencia de anciáns. Precisamente hai uns días un grupo de traballadores dun xeriátrico compostelán, na Volta do Castro, enviáronlle a Alberto Núñez Feijoo unha entrada para ir ver o filme ao cinema e así coñecese como transcorre a vida nun centro destas características, “xa que non se digna a visitar os seus propios centro de traballo”, explicaban.
– Praza (P): Arrugas é o terceiro filme dirixido por ti que acada un Goya. As sensacións son as mesmas que a primeira vez?
– Ángel de la Cruz (ÁC): Non, non é a mesma sensación. Cando nos deron o Goya por O bosque animado non o esperabamos, non nos coñecía ninguén. Pero de todos os xeitos, este premio ao mellor guión adaptado devolveume esas sensacións da primeira vez, porque non contabamos con el. Foi moi emocionante. (…)
– P: O premio certifica o bo momento da animación galega?
– ÁC: Comeza a recoñecerse a Galicia, non só en España, senón en todo o mundo, como un sitio no que somos expertos en animación. E é importante manter esa sona. Constato, cando vou a Madrid, que a xente pode non recoñecer que unha película é dun ou doutro director, dunha produtora ou doutra, de Filmax ou Dygra, pero eles si que a asocian con Galicia, co bo facer da animación galega.
– P: Tes novos proxectos? Volverás adaptar unha novela gráfica?
– ÁC: Teño entre mans algúns proxectos, unha adaptación, aínda que non de novela gráfica, de momento. Pero non o desboto.”
“Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes”
Desde Galicia Confidencial:
“[Néstor] Rego, ex-concelleiro do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace “como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento”.
En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.
Sermos Galiza constitúese cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digital citando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma. (…)
Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vise normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.
Pérez Pena argumenta que “a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer” e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.
Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, “un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza”, explican os promotores, entre os que están ex-profesionais de Galicia Hoxe e Xornal de Galicia.
Tal e como e xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. (…)”
A Coruña: presentación de papel a punto de, de Estíbaliz Espinosa
Vigo: presentación de Obras breves de imaxinación
O
xoves 23 de febreiro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Central (Joaquín Yánez 6, 2º andar) de Vigo, preséntase o libro Obras breves de imaxinación. Premios de Relatos “Mulleres Progresistas”, publicado por Baía Edicións. No acto intervirán Chus Lago, Conchi Regueiro e Belén López Vázquez xunto ás autoras, que terán unha breve intervención para falar do seu relato ou ler un parágrafo deste.
Continúa a recuperación da obra literaria de Gonzalo López Abente
“Con
só un ano de actividade, a Fundación Gonzalo López Abente está a lograr unha visibilidade inédita da obra deste escritor muxián. Deste xeito, a entidade acaba de anunciar que asinou a un acordo coa editora Espiral Maior para tirar do prelo a poesía completa deste autor en 2013, a coincidir co 50 seu cabodano. A edición farase na colección Ópera Omnia e será coordinada por Miro Villar. Xa este mesmo ano, Xerais publicará A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, un volume que recolle seis relatos do escritor canda a un estudio de Xesús Sambade. Estas publicacións súmanse aos do poemario Bretemada, que da man de Alvarellos é finalista aos Premios da Edición deste ano.” Vía Cultura Galega.
Unha entrevista con Xosé Filgueira Valverde
Desde Cultura Galega:
“O 7 de agosto de 1995, Cristina Pujales, documentalista do Arquivo Sonoro de Galicia realizou unha longa entrevista a Xosé Filgueira Valverde co obxectivo de contar cun amplo documento sonoro no que o intelectual reflexionara en retrospectiva sobre a súa vida e obra. “Nós somos nós, os nosos mestres e os que traballan connosco e nos axudan”, asegura o intelectual pontevedrés nesta emocionante escolma desta dilatada entrevista que suma o volume 12 da colección As Nosas Voces e que se editou en 1997.”
Xabier Cordal: “Na poesía hai feitos inexplicables”
“O
Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xabier Cordal, sobre o seu último libro de poemas, transmuta, que publica logo de dez anos de silencio. Na poesía hai feitos inexplicables, asegura Xabier ao longo da entrevista, que, en formato mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.” Vía Xerais.
María Xosé Queizán, titora da oitava edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia
“A
escritora viguesa María Xosé Queizán (Vigo, 1939) será a titora do Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos na súa oitava edición. Autora de éxito en diversos xéneros, desde a narrativa ao ensaio pasando pola poesía e a dramaturxia, e activista incansable a prol dos dereitos da muller, María Xosé Queizán é sen dúbida unha das grandes figuras da literatura galega contemporánea. (…)” Vía Galicia Hoxe.

