Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vídeo da presentación en Vigo de Desvendando Rosalía e a súa obra, de Francisco Rodríguez
Nigrán: presentación de Alén da néboa, de Pedro Rodríguez Villar
A Coruña: presentación de As horas mortas, de Emma Pedreira
Resolución do I Concurso de Relatos Breves Ecos da Mente

“O venres 25 de outubro entregáronse os premios do I Concurso de Relatos Ecos da Mente. As obras premiadas foron:
1° Adulta: A amiga, de Clara de Roxo
1° Xuvenil: Fotosensíbel, de Alba Bretal García
1° Diversa: Alfil, de Xoán A. Piñeiro Dios
2° Diversa: Bendita Loucura, de Rosa Buhía Lestón
1° Adolescente: Arrepentida por ter comido, de Alba Bretal García
2° Adolescente: Historias, de Martiño Iglesias Esporas
Esta actividade pon peche ás diversas iniciativas do mes de outubro, no que se conmemora o Día Mundial da Saúde Mental.
Agradécese o interese de todas as persoas participantes e a colaboración do Concello de Ribeira.”
Lugo: presentación de O nacionalismo galego na década dos 70
A Coruña: lectura teatralizada de Un ollo de vidro, de Castelao
Barcelona: sesión de lecturas con Tiago Alves Costa
Vigo: presentación de Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez Koki
Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas 2024
Desde Nós Diario:
“Manuel Rivas foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas, correspondente ao ano 2024. Segundo trasladou o Ministerio de Cultura, o xurado destacou o autor pola “extraordinaria calidade narrativa que aúna forza emocional e beleza formal e pola solidez dunha traxectoria versátil e coherente construída coa sensibilidade e a defensa da memoria histórica, a responsabilidade social e a lingua galega. Poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron alcanzar tal recoñecemento a nivel mundial”.
Ademais, o xurado sinalou que a súa obra “acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoctrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero. Manuel Rivas, cunha voz poderosa e singular, crea literatura e, con ela, volve situar a escritura galega no olimpo das Letras Nacionais“.
O premio, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 50.000 euros. Distingue o conxunto do labor literario, en calquera das linguas españolas, dun autor español ou autora española, cuxa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual. (…)”






