(Asociación Galega de Editores, Galicia Hoxe, Xornal, Cultura Galega)
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Un poema longametraxe de Lois Pereiro
O lirismo da gargallada
Manuel Lourenzo: A andaina de Casahamlet
Entrevista a Manuel Lourenzo en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Traballades moito con textos de autores galegos. Raúl Dans dicía hai pouco cando recolleu o Cunqueiro que moitas compañías tendían a ignorar os dramaturgos do país….
– Manuel Lourenzo (ML): Eu creo que o problema é dun descoñecemento total. Nós non somos unha compañía de moito dispendio, ver escenografía nos nosos traballos é raro, porque o que nos importa é o esencial, os elementos que definen o teatro, que é unha consideración sobre as condutas humanas. E temos autores e autoras que expresan moi ben as condutas humanas. Non nos faltan dramaturgos, o que falta é normalidade, unha programación máis ou menos continuada… E liña que comezou Cristina Domínguez á frente do CDG, era moi intelixente á hora de conectar cos autores novos…
– GH: Pero agora cambiou a cousa: están as débedas de Xunta e concellos coas compañías, os recortes nas axudas á produción e nas programacións… Como ve a situación? Como lles afecta?
– ML: Pois é un desastre. A nós non nos afecta tanto porque hai anos que non pedimos axudas á produción. Valémonos cos nosos propios medios, como podemos, con precariedadade pero imos tirando, e ademais temos unha relación contractual coa Deputación, que é ademais unha relación moi normal, moi libre, que comezou con Lendoiro e segue con Moreda. E non ter conflitos coa administración si que é difícil… Respecto da Xunta, parece que a administración non quere nada con nada que teña que ver coa lingua, non só o teatro. A crise é unha excelente ocasión para que os políticos beneficien os sectores ricos da sociedade… pero iso pasa en todos lados, non só aquí. Cando hai unha cultura como a nosa, que sobrevive como pode, co esforzo de todo un pobo, ou de non todo porque non se dan as condicións para que sexa así, é lamentable que a administración non cumpra o seu papel de dándolle prioridade á cultura…”
A compañía Casahamlet gaña o Otero Pedrayo
A Coruña: conferencia sobre A cultura castrexa, por Francisco Calo Lourido
O martes
22 de febreiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre, terá lugar unha conferencia de Francisco Calo Lourido sobre A cultura castrexa no contexto da Península Ibérica do I milenio A. C., dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho.
Vigo: Os Bos e Xenerosos. Francisco Fernández del Riego
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.
No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por decisión unánime dos escritores/as Socios/as, a Francisco Fernández del Riego, polo seu silencioso e incansábel traballo que mantivo aceso o facho da cultura galega en tempos moi difíciles.
Será o sábado, 19 de febreiro, na Casa da Cultura Galega de Vigo, ás 12.00, segundo o seguinte programa:
* Presentación e benvida a cargo de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol.
* Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG (pódese ler o texto aquí).
* Lectura da acta de concesión de homenaxe por Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da AELG.
* Laudatio a cargo do escritor Víctor F. Freixanes (pódese ler o texto aquí).
* Visionado dun vídeo que recolle o esencial da vida e obra de Francisco Fernández del Riego.
* Entrega da placa conmemorativa á familia de Francisco Fernández del Riego.
* Visionado dun vídeo dos fondos documentais da AELG: Francisco Fernández del Riego respondendo á pregunta, “Por que son escritor?“.
* Lectura de textos de Francisco Fernández del Riego a cargo de Malores Villanueva e Francisco Castro.
* Peche do acto por Cesáreo Sánchez.
O acto conta coa colaboración da Fundación Penzol, Editorial Galaxia e Concello de Vigo (Casa Galega da Cultura). Deixamos aquí o convite do acto.
Crónicas posteriores en Galaxia, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Xornal.
Dolores Vilavedra: “É falaz dicir que a literatura de éxito é superficial”
Entrevista
a Dolores Vilavedra en El País:
“- El País (EP): Sostén que o gran cambio é que o capital simbólico, agora, fíxano o número de lectores e o beneficio económico.
– Dolores Vilavedra (DV): Agora é a novela a que se salva ou a que se perde, é a literatura a que pelexa por si mesma. E isto ten que ver con ese gran cambio do que falamos, a perda dunha certa centralidade no protagonismo social do autor.
– EP: O éxito, medido así, non condiciona a crítica?
– DV: Penso que cómpre xa reivindicar o dereito ao éxito. Se revisamos un pouco as últimas décadas, cales foron as novelas de máis éxito? Foron novelas que poderiamos definir, dalgunha maneira, como comprometidas. Ou, se queres, novelas cunha profunda dimensión ética. Estou a pensar n’O lapis de carpinteiro e en Herba moura. É falaz que a literatura de éxito sexa unha literatura superficial, light, etcétera. Os lectores non somos idiotas. (…)
– (EP): Ampliarase a base lectora, sequera en narrativa, cando se deixe de falar diso?
– DV: Penso que o noso país ten un teito de lectores potenciais que, sendo un pouco realistas, podería ser de 200.000. O gran desafío neste momento é ampliar os lectores entre a sociedade castelán falante. Ata agora viviamos dun lector escolar e dun lector libre case monolingüe, moi concienciado. Agora temos que pescar noutros caladoiros, nos da xente que é amante da lectura, sexa de novelas ou de libros de micoloxía, e que comparte a lectura en galego e a de castelán dun xeito natural.”
A Coruña: Congreso Uxío Novoneyra, do 17 ao 19 de febreiro
Do xoves
17 ao sábado 19 de febreiro celébrase na Coruña o Congreso Uxío Novoneyra, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Universidade da Coruña e da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. A inscrición é gratuíta, e para formalizala cómpre enviar un correo electrónico a secretaria@realacademiagalega.org en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición. Solicitáronse dous créditos de libre configuración na Universidade da Coruña (20 horas). Entregarase un diploma de asistencia aos inscritos que acrediten ter participado en todas as sesións. O Congreso ten o seguinte programa:
* Xoves 17. Salón de Actos da Real Academia Galega.
– 9:00 a 9:30 h.: Recepción e entrega de documentación.
– 9:30 a 10:00 h.: Inauguración.
– 10:00 a 10:45 h.: Conferencia inaugural de Pilar García Negro: Novoneyra. Nova xeira. A poesía como antídoto contra o ruído.
– 10:45 a 12:00 h.: Comunicacións:
Ana Acuña. Presenza de Uxío Novoneyra en Madrid.
Chus Nogueira. A lingua literaria de Uxío Novoneyra.
Olivia Rodríguez. Uxío Novoneyra, recitador.
– 12:30 a 13:00 h.: Relatorio de Xosé Benito Reza: Natureza e paisaxe no Courel.
– 13:00 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
– 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Luís Cochón: Romanceiro e cancioneiro tradicional en Uxío Novoneyra.
– 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Patiño: Uxío Novoneyra: a escrita do corpo.
– 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Luís Alonso Girgado: Diversidade interno-externa e multiplicidade textual en Uxío Novoneyra.
– 18:00 a 19:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
* Venres 18. Salón de Actos da Real Academia Galega.
– 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Carlos Paulo Martínez Pereiro: A palabra deseñada.
– 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Anxo Angueira: Un poeta con terra e pobo.
– 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Claudio Rodríguez Fer: Correspondencia entre Valente e Novoneyra: poetas da fala no labirinto das linguas.
– 12:00 a 12:30 h.: Relatorio de Carme Blanco: A liberdade das amadas mulleres.
– 12:30 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
– 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Teresa López: Uxío Novoneyra: os camiños á Idade Media.
– 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Lopo: Uxío Novoneyra na distancia do lobo.
– 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Xesús Alonso Montero: O primeiro libro de Novoneyra: ‘Abrojos’ (1948).
– 18:15 a 19:00 h.: Recital poético con Yolanda Castaño, Salvador García-Bodaño, Luz Pozo e Manuel Rivas.
* Sábado 19. Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza).
– 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Xosé Ramón Freixeiro Mato: Lingua e estilo na obra de Uxío Novoneyra.
– 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Branca Novoneyra Rei: Ata cando este tempo de elexía.
– 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Darío Xohán Cabana: Aspectos formais da poesía de Uxío Novoneyra.
– 11:30 a 12:00 h.: Relatorio de Uxío Novoneyra Rei: Língoa sen maos.
– 12:30 a 13:15 h.: Conferencia de clausura de Ramón Lorenzo Vázquez: Polos eidos poéticos de Novoneyra.
– 13:15 a 14:00 h.: Clausura.
O comité organizador está formado por Xosé Luís Axeitos, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Carme Vilariño.
Deixamos aquí o programa completo en .pdf para ser descargado libremente: Congreso Uxio Novoneyra.
En relación con este Congreso: Galicia Hoxe, Xornal e Cultura Galega. Posteriormente aparecen novas relacionadas en Galicia Hoxe e Xornal. Posteriormente, fanse crónicas das actividades do día 17en Galicia Hoxe, Xornal e La Voz de Galicia, do día 18 en Galicia Hoxe, La Opinión. Véxase tamén este artigo de Antón Patiño no Xornal.
Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo
Fina
Casalderrey participará, convidada polo Instituto Cervantes de Hamburgo, na celebración do Día Internacional da Lingua Materna, que terá lugar o 21 de febreiro 2011 na sede desa institución na devandita cidade. Durante o acto, unha persoa lerá un texto da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego. O acto será presentado por Veljka Ruzicka Kenfel profesora da Universidade de Vigo, especialista en tradución e literatura infantil, e nel participarán tamén a escitora Gemma Lienas que fará o mesmo en catalán, e o escritor Patxi Zubizarreta, que representará ao éuscaro. A nova ven a través de Xerais e tamén é recollida en Galicia Hoxe. En relación coa celebración deste día en Galicia: Galicia Hoxe.