O luns
21 de febreiro, ás 19:30 h., na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre, terá lugar unha conferencia de María Casar sobre Territorios literarios. A Coruña de Luísa Villalta, na que abordará as relacións entre o mundo da creadora e o mundo representado na súa obra, facendo un percorrido pola Coruña reflectida na obra poética de Luísa Villalta. María Casar é a presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos, e coordinadora do Roteiro Fiz Vergara Vilariño. No acto participará tamén o violinista Manu Clavijo.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Vigo: conferencia de Siro López sobre Ilustración e literatura con Valle-Inclán como modelo
O
venres 18 de febreiro, a partir das 20:00 h., no Verbum (Avenida de Samil, 17) de Vigo, e con entrada gratuíta para todos os asistentes até completar capacidade, Siro López pronunciará unha conferencia titulada Ilustración e literatura con Valle-Inclán como modelo.
Vilagarcía de Arousa: II edición de Mesa das Verbas
Burela: Os Encontros de BD da Mariña chegan á súa III edición
Henrique Monteagudo: Memorias dun neno vilego
Artigo de Henrique Monteagudo en El País.
A Coruña: recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez
O
xoves 17 de febreiro, ás 20:00 h., na Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10) da Coruña, terá lugar un recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña quere mostrar así o seu agradecemento a Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles. O acto, presentado por Dores Tembrás, contará coa presenza de:
– Lois Diéguez
– Francisco X. Fernández Naval
– Yolanda Castaño
– Xulio L. Valcárcel
– Marica Campo
– Diana Varela
– Cesáreo Sánchez
Haberá unha actuación musical de César Morán e Xosé Taboada.
Na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, tamén en Durán Loriga, 10, pódese visitar a Exposición homenaxe a Perfecto Estévez organizada pola Concellaría de Cultura da Coruña.
Vigo: representación de A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro
O
venres 18 de febreiro, ás 21:00 h., no Auditorio Municipal de Vigo, representarase a peza que a Compañía Inversa Teatro preparou a partir do libro A illa das mulleres loucas de Alfonso Pexegueiro. A obra é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura. Vanesa Sotelo dirixe esta montaxe, con escenografía de Inversa Teatro, deseño de son de Berrogüetto e música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (harpa) e coreografía de Vanesa Sotelo e María Caparrini.
Ponteareas: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 18 de febreiro, ás 20:30 h., no local comarcal do Bloque Nacionalista Galego (Rúa Mestres, 8, baixo) Ponteareas, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participa, acompañando ao autor, Xosé Manuel Moo. Colabora a Mesa pola Normalización Lingüística.
A Coruña: charla-coloquio con Teresa Moure, Entre o individual e o colectivo
O
sábado 19 de febreiro, a partir das 17:00 h., no Kiosko Alfonso da Coruña, e dentro das actividades Espazo Solidario, terá lugar unha charla-coloquio con Teresa Moure baixo o título de: Entre o individual e o colectivo: os infinitos espazos para a transformación social, onde reflexionará conxuntamente co público asistente sobre como “poñer o mundo patas arriba. Para que os tópicos non boten raíces”. Para participar é preciso inscribirse previamente nesta páxina web: Espazo Solidario.
A Coruña: Poetas Di(n)versos: recital de Miren Agur Meabe e Claudio Rodríguez Fer
O luns
21 de febreiro, ás 20:30 h., na Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo) da Coruña, terá lugar un novo recital do ciclo Poetas Di(n)versos, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e dirixido por Yolanda Castaño, no que participan:
– Miren Agur Meabe, nada en Lekeitio (Biscaia) en 1962, mestra e filóloga vasca, autora de narrativa, literatura infantil e xuvenil, e poeta, autora de Oi, hondarrezko emakaitz, Azalaren kodea (O código da pel), Premio da Crítica Española no 2001 e Bitsa eskuetan (Escuma nas mans). Galardoada en 2007 co Premio Lauaxeta pola súa traxectoria literaria e profesional, ten participado en múltiples Encontros Literarios Internacionais, e textos seus teñen visto a luz en múltiples antoloxías e libros colectivos, ou foron traducidos a varias linguas europeas.
– Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956), poeta, ensaísta, narrador, autor de teatro e de poesía visual. Foi catedrático de Literatura en Galicia, así como profesor en universidades de Nova York, Bretaña e Santiago de Compostela, onde actualmente dirixe a revista literaria “Moenia” e a “Cátedra Valente de Poesía e Estética”. Coordina a revista “Unión Libre. Cadernos de vida e culturas”. Publicou, disertou e recitou en numerosos lugares de Europa, América e África, e dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas. Como estudoso é autor de obras críticas, ensaios e edicións realizadas en torno a autores galegos e universais.
Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Febreiro 2011.
