Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de Atlántico Norte, chamádeme Ismael, de Xosé Iglesias
Francisco Carballo e os paratextos na web da AELG
Artigo de Santiago Prol na páxina web do autor:
“O 29 de novembro cúmprense 8 anos do pasamento de Francisco Carballo, un dos grandes fillos sobranceiros de Maceda. Deixounos [con 89 anos] lonxe da terra, no seu exilio último en Santa Marta de Tormes [Salamanca]. Agora ben, descansa na campa de Asadur [Maceda], pois esa era a súa vontade [coa axuda necesaria da súa sobriña Milagros Calvo Carballo, que fixo valer a súa arela derradeira diante das autoridades dos PP Paúis en Salamanca].
Reparamos hoxe nos paratextos que tiveron a ben inserir na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Alí atopamos máis de cen documentos que axudan a mergullarnos aínda máis na súa traxectoria [artigos, capas, cartelaría, críticas e reseñas, entrevistas, extractos da obra, fotobiografía, homenaxes, obra divulgativa, outras novas do autor na prensa, presentación de libros propios, relatorios…].
Exhumamos outra volta un deses paretextos da nosa autoría. Xestouse co gallo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, cando tiña 75 anos de idade. Apareceu imprentado no semanario A Nosa Terra o día anterior. Pasaron 22 anos. Resiste ben o paso do tempo, polo que aínda temos moito que facer a prol da súa dignificación. ¡Que lle sexa leve a terra! ¡Beizón!:
“A Galicia oficial ningunea a Francisco Carballo. Non lle concede medallas a quen escribe Castelao contra a manipulación. A Universidade oficial apenas recoñece a Francisco Carballo. Non nomea doutor honoris causa a quen impulsa unha historiografía autenticamente Nosa e promove toda unha escola de historiadores. A Igrexa oficial omite a Francisco Carballo. Ignora con teimosía un dos seus máis prestixiosos especialistas. A Literatura oficial non considera canónico a Francisco Carballo. Non inclúe nas súas escolmas ningún dos seus ensaios. O Xornalismo oficial non lle concede premios a Francisco Carballo. Sabe que non se vende aos poderes de turno. Amósase Francisco Carballo incómodo para os folclorizantes. Asina manifestos e adhesións con outros intelectuais. Publica ensaios comprometidos co Noso País. Reescribe a Historia oficial que nos contaron. Insire certeiros artigos no xornal A Nosa Terra. Non claudica. Faino cunha dignidade exemplar. E sempre, sempre dende a mesma trincheira: a dos bos e xenerosos”.“
Madrid: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
Compostela: presentación do libro Nunca Máis. 20 anos da maior resposta social do pobo galego
Compostela: presentación da tradución de A miña irmá Antonia, de Ramón María del Valle-Inclán
Compostela: presentación de Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro, de Francisco López-Barxas
A Coruña: presentación da tradución de Azucre, de Bibiana Candia
A Coruña: conferencia “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”, por Olivia Rodríguez González
O 30 de novembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da UDC e comisaria da exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza, poesía, arte e vida (1922-2022) exhibida de xuño a novembro de 2022 na Biblioteca de Galicia para conmemorar o centenario da poeta, falará sobre “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”.
Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír ao poema total axudando a desentrañar ese misterio, cunha obra ofrecida como a forma persoal de prender unha chama, de acender unha lámpada.
As persoas interesadas deben enviar os seus datos a través deste formulario.