Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Combarro: presentación de irmá paxaro, de Tamara Andrés
Rosa Aneiros autora de Sibila: “Sen esterco, sen cheiro, non hai vida. Non escribín unha distopía, senón cousas que están a pasar hoxe en día”
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Con Sibila, editada por Xerais, Rosa Aneiros retoma a narrativa para público adulto despois de 12 anos. A protagonista Sibila tenta resolver un misterio na illa da súa nenez onde só quedan os derradeiros habitantes. A historia xoga coa idea dun futuro desacougante, cunha sociedade moi vixiada, e un pasado que estoura. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista con Xosé Henrique Rivadulla Corcón
Lalín: presentación de O Naranxo no Trasmundo, de Inma Vilariño
O sábado 19 de xuño, ás 12:00 horas, no exterior do Pazo de Liñares, en Lalín (en caso de chuvia, no interior do edificio), preséntase o libro O Naranxo no Trasmundo, de Inma Vilariño, publicado por Edicións Fervenza. A autora estará acompañada polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; pola concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lalín, Begoña Blanco Blanco; pola ilustradora Amalia López Brea “Luchi”; polo cronista dezao Daniel González Alén, e pola profesora e escritora Charo Golmar. No acto, contarase ademais coa actuación do grupo Hadhietxekos.
Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 18 de xuño
O 18 de xuño continúa a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 13:00 h. Victoria García asina As formiguiñas fiandeiras, publicado por Hércules.
– 18:00 h. Ledicia Costas asina Os Minimortos e A señorita Bubble, publicados por Xerais.
– 19:00 h. Xulia María Barros asina A árbore dos vagalumes, publicado por Belagua.