Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ugia Pedreira. 3 poemas musicados de Carvalho Calero, nas XXIX Xornadas de lingua e literatura. Ricardo Carvalho Calero
Laura Tato – “A poesía e o teatro de Ricardo Carvalho Calero”, nas XXIX Xornadas de lingua e literatura. Ricardo Carvalho Calero
Vilalba, dona da Chaira. Homenaxe a Manuel María – Xesús Rábade Paredes
“Se Ávalon é a ilha das maçás”, de Ricardo Carvalho Calero, polo Grupo Ouriol
Agustín Agra é o autor de Silencio, oito relatos entre a ciencia e a vida con Humboldt como fío condutor
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Nos relatos de Silencio, os personaxes son científicos de distintas épocas, desde Copérnico a Pasteur. O libro precisou dous anos de documentación e tres de escrita e reivindica liberdade de pensamento. Aparecen tamén algunha figuras femininas, mulleres que foron silenciadas ao longo da historia. A entrevista pode verse aquí.”
Vilalba: representación de Despois das ondas, baseada nun texto de Ernesto Is
Vídeo da presentación da nova edición de A relixión do mar, de Xosé Iglesias
Vagalumes e A Banda da Loba, galardoados cos premios San Martiño de Normalización Lingüística
Desde La Voz de Galicia:
“O padroado dos premios San Martiño de Normalización Lingüística vén de resolver por maioría a concesión dos recoñecementos correspondentes á edición deste ano á Asociación Cultural Vagalumes e á agrupación musical A Banda da Loba. O colectivo Vagalumes acadou o premio San Martiño á difusión da lingua galega na comarca de Tabeirós-Terra de Montes. A concesión baséase no longo percorrido da asociación no desenvolvemento e fomento da lingua galega. Desde o ano 2009 ata a actualidade a asociación ten promovido conferencias, coloquios, mesas redondas, proxeccións audiovisuais, ciclos de teatro, publicacións e homenaxes en prol da normalización, defensa e difusión do galego. A derradeira homenaxe tivo lugar hai poucas semanas, co gallo da conmemoración do centenario do xornal El Emigrado (1920-2020).
Pola súa parte, A Banda da Loba é recoñecida co premio San Martiño á difusión lingüística no ámbito galego. A Banda da Loba, que ten entre as súas integrantes dúas estradenses -as irmás Andrea e Marcela Porto-, é unha das voces máis frescas e renovadoras do panorama musical galego. A banda ten publicados dous traballos discográficos: Bailando as rúas (2017) e A fábrica da luz (2019). Caracterizada no aspecto creativo polo eclecticismo, aunando a tradición con ritmos como o pop, o reggae ou o ska, a súa identidade como banda aséntase nunha defensa firme da muller, a terra e a lingua. Neste senso, a banda ten musicado poemas de autores coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Rosalía de Castro.
O padroado decidiu deixar este ano deserto o premio San Martiño a toda unha vida de dedicación á normalización lingüística. Ademáis, debido a motivos de protocolo sanitario, os premios da presente edición non se entregarán nun acto público, como viña sendo habitual nos últimos anos, senón no transcurso dunha rolda de prensa no Teatro Principal que terá lugar o día 13 de novembro.”
Outeiro de Rei: presentación de A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, o 7 de setembro
O sábado 7 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa-Museo Manuel María (en Outeiro de Rei), preséntase o libro A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, publicado polo Concello de Pontevedra.
O libro reconstrúe o pensamento e a loita da compañeira de Castelao, unha persoa que percorreu o mundo na defensa da dignidade e dos dereitos do pobo galego fronte ao fascismo e a impunidade.
Tras a presentación, manterase coa autora un coloquio. A entrada é libre, mais por mor das limitacións de capacidade, as persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do whatsapp 698177621.