Desde Galaxia:
“Xesús Fraga vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa 2021 pola súa obra Virtudes (e misterios). Unha gran noticia e un galardón máis que se suma ao libro gañador do Premio Blanco Amor 2019.
Este premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado escolleu esta obra “por amosar cunha prosa moi coidade, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e adentrarnos nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América”.
Ademais, o xurado sinala: “Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven a cabalo entre dous mundos”.
Xesús Fraga constrúe en Virtudes (e misterios) unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
O Barco de Valdeorras: Feira do Libro, os 16 e 17 de outubro
Celanova: presentación de A mestra corremundos, de Arancha Nogueira
Baiona: presentación de Cartas de Poboamento inéditas de Baiona e Monte Real, de Avelino Sierra
Vigo: presentación de As palabras están a mirarse arredor da mesa, de Antonio García Teijeiro
Caldaloba: I Magosto Cal da Loba, o 23 de outubro
Celanova: exposición No interior do abandono, por Carlos Lorenzo e Baldo Ramos
Betanzos: presentación de Consecuencias, de Óscar García Ramos
Corcubión: presentación de Pallaso, de Fernando Castro
A Capela do Pilar, en Corcubión, acolle o venres 15 de outubro, ás 20:00 horas, a presentación do libro de teatro Pallaso, de Fernando Castro, obra gañadora do Premio de Teatro Varela Buxán, publicado por Edicións Fervenza. O acto incluirá a lectura dramatizada dunha das escenas da obra por parte das actrices Elisa Lema, Andrea Rodríguez e Lucía Senra, de Farándula Velutina.







