Mobiliza Rosalía

Mobiliza RosalíaDesde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.

A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

Ao coidado de
Equipo Directivo
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias
Departamento de Lingua e Literatura Galega
Departamento de Educación Plástica e Visual

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Día de Rosalía de Castro 2016. 24 de febreiro

Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a  celebrar o  Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:

Educación Secundaria e Bacharelato

Propoñemos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:

Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo.

Educación Infantil e Primaria

A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:

Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Podes descargar aquí un modelo de tarxeta postal deseñado por Pepe Barro.

Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Agradecemos que nos comuniquedes (oficina@aelg.org) a vosa intención de participar desta iniciativa, para a facer constar na nosa web e colaborarmos así na súa difusión. Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos noticia doutras actividades que organicedes, así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual…) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.

Podedes seguir as noticias da proposta nesta páxina da web da AELG.

AELG enxalza no seu calendario a Gimferrer, Villar Janeiro, Macías Pose e Mini e Mero

Desde Radiofusión:
“AAELG Logo 3-2015 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de celebrar a súa Asemblea Xeral de socios/as, que acordou outorgar a Dolores Macías Pose, e a Mini e Mero os Premios Mestres/as da Memoria 2016, galardóns que se entregarán na I Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria a celebrar en Lugo o 19 de marzo; tamén o nome do Escritor/a Galego/a Universal 2016, distinción que se recollerá Pere Gimferrer na I Gala do Libro Galego que terá lugar o 14 de maio na cidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, acordouse que Helena Villar Janeiro sexa a próxima “Escritora na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo segunda edición; será no mes de xuño no Concello de Rianxo. (…)”

Esta foi a entrevista realizada a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebrou este sábado 13 de febreiro a súa asemblea xeral

(A Coruña, 13 de febreiro de 2016) AAELG Logo 3-2015 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou na mañá de hoxe sábado a súa Asemblea Xeral de socios/as, que acordou outorgar a Dolores Macías Pose, e a Mini e Mero os Premios Mestres/as da Memoria 2016, galardóns que se entregarán na I Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria a celebrar en Lugo o 19 de marzo; tamén o nome do Escritor/a Galego/a Universal 2016, distinción que se recollerá Pere Gimferrer na I Gala do Libro Galego que terá lugar o 14 de maio na cidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, acordouse que Helena Villar Janeiro sexa a próxima “Escritora na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo segunda edición; será no mes de xuño no Concello de Rianxo.

AprobouseCartel AELG Día de Rosalia de Castro 2016 o programa de actividades para o ano, que inclúe como a máis próxima a celebración do vindeiro Día de Rosalía de Castro (anexamos o deseño base feito por Pepe Barro para difundir os actos que se desenvolverán por todo o país). O programa aposta por continuar con actividades de traxectoria xa asentada e de alcance social como son os paseos literarios ou os obradoiros da Escola de Escritoras e Escritores; tamén a organización ou corganización de xornadas de formación dirixidas ao estudo das diferentes formas de crear literatura contemporánea desde os espazos de formación de novos formadores/educadores/mediadores da lectura. Tamén se reforza o proxecto coordinado pola Sección de Literatura de Tradición Oral coa celebración dunha Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria e a través da celebración de novas polafías e dunha nova edición, a novena, da Xornada de literatura de tradición oral. Asemade, a visibilidade da escritora e do escritor a través da web continuará a ser un eixo central da actuación da entidade co enriquecemento do espazo común e mais de cada páxina individual con que cada Socia/o conta no Centro de Documentación da web da AELG.

Tamén se acordou a incorporación de tres novas vogalías ao Consello Directivo da AELG, as de Ledicia Costas por Vigo, Ramiro Torres como responsábel de comunicación, e mais Afonso Becerra como vogal de literatura dramática.

Anunciouse a creación dunha Sección de Literatura Dramática e confirmouse a participación activa da AELG na plataforma Seguir creando.

Vídeos do X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: mesa redonda de teatro

O1442217783371bannerXENUVigo2015 X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas? é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, coa que se quere achegar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
Damos a coñecer os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar na mesa redonda de teatro, que tivo lugar o venres 16 de outubro no Charenton. Pódense consultar todos aquí.

– Introdución. Presenta Rexina Rodríguez Vega, coa intervención de Valentín García Gómez. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de teatro. Intervencións de Clara Gayo e Marta Pérez. O vídeo pode verse aquí. (Contén imaxes con carácter explícito que poden xerar susceptibilidade no espectador/a).
– Mesa redonda de teatro. Coloquio. Con Clara Gayo e Marta Pérez. O vídeo pode verse aquí.

Vídeos do X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: mesa redonda de narrativa

O1442217783371bannerXENUVigo2015 X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas? é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, coa que se quere achegar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
Damos a coñecer os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar na mesa redonda de narrativa, que tivo lugar o venres 9 de outubro no Charenton. Pódense consultar todos aquí.

– Introdución. Presenta Rexina Rodríguez Vega. Con Juan Tallón e Manuel Darriba. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de narrativa. Intervención de Juan Tallón. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de narrativa. Intervención de Manuel Darriba. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de narrativa. Quenda de preguntas. Con Rexina Rodríguez Vega, Juan Tallón e Manuel Darriba. O vídeo pode verse aquí.

Vídeos do X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: mesa redonda de poesía

O1442217783371bannerXENUVigo2015 X Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Afinidades electivas? é unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, coa que se quere achegar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
Damos a coñecer os vídeos onde se recollen as intervencións que tiveron lugar na mesa redonda de poesía, que tivo lugar o xoves 1 de outubro. Pódense consultar todos aquí.

– Introdución. Presenta: Rexina Rodríguez Vega. Con Rosa Enríquez e Teresa Moure. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de poesía. Con Rosa Enríquez. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de poesía. Con Teresa Moure. O vídeo pode verse aquí.
– Mesa redonda de poesía. Quenda de preguntas. Con Rexina Rodríguez Vega, Rosa Enríquez e Teresa Moure. O vídeo pode verse aquí.

A Coruña: Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, o sábado 28 de novembro

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro terá lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Está solicitada a homologación á Consellería de Educación por 8 horas lectivas.
A inscrición realizarase na web da AS-PG desde o 10/11/2015 até o 26/11/2015.

PROGRAMA

9:30 h. Recepción, entrega de material e inauguración.
De 10:00 a 12:00 h. Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia), por Manolo González.
Interaccións entre a literatura galega e o cinema e algunhas aplicacións para a aula.
De 12:00 a 13:00 h. A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda), con Margarida Ledo Andión e Eva Veiga.
As pasaxes entre o texto escrito, a imaxe e o imaxinario.
Atopar o “seu lugar no mundo” como proceso de apropiación do propio corpo, mesmo do corpo da fala: a viaxe, no mellor dos casos, de tantas mulleres forzosamente transterradas.
De 13:00 a 14:00 h. Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro), por Antía Otero.
Presentarase a experiencia de idear unha peza de videopoesía máis aló do seu soporte técnico. A intención é a de pararse a analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación sen perseguir un resultado físico. Un convite a editar contando.
De 16:00 a 18:00 h. De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro), por Celia Parra.
Unha fiestra para coñecermos as particularidades deste xénero entre o poético e o audiovisual. Exploraremos definicións, tipoloxía, creadoras e creadores referenciais, exemplos de videopoemas, videopoesía en Galicia e recursos na rede para aplicar nas aulas.
De 18:00 a 20:00 h. Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia), por Martin Pawley.
O Proxecto Nimbos é unha serie de curtas realizadas por diversos cineastas ‑non só de Galiza- inspirados en poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro (1914-1990). A iniciativa foi impulsada dende o blog Acto de Primavera e na actualidade conta xa con perto de trinta pezas, varias das cales foron exhibidas en festivais internacionais de cinema.

Obxectivos
– Achegar a vinculación histórica da literatura coa súa proxección a través da imaxe.
– Afondar nas relacións interdisciplinares das diferentes artes.
– Ofrecer pautas de metodoloxía didáctica interactiva a redor da experiencia poética.
– Experimentar novos soportes técnicos vinculados á lectura.
– Analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación.

Metodoloxía
– Alternarase a intervención teórica das participantes coa proxección parcial de filmes e curtas vinculadas coa literatura galega.
– Promoverase o coloquio e a participación activa a través dos coloquios e dos obradoiros vinculados á creación da videopoesía.

CartelXLC2015

Galería de fotos da Polafía na Estrada (9 de outubro de 2015)

Deixamos aquí parte das fotos da Polafía na Estrada, que tivo lugar o pasado 9 de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.

1445504874900498897_orig14455048771167334374_orig14455048781045100552_orig14455048819138729275_orig14455048809834635199_orig1446643055930PolafiaAEstrada-2015-28

Galería de fotos do obradoiro a cargo de Xurxo Souto. Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar

Deixamos aquí parte das fotos do Obradoiro a cargo de Xurxo Souto. Segundo ciclo Historias da Cidade-Barco. A Coruña e o mar, que tivo lugar o pasado mes de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí. As fotos que se reproducen neste artigo son de Norberto Varela Calvo.

SAMSUNG CAMERA PICTURESSAMSUNG CAMERA PICTURESSAMSUNG CAMERA PICTURESSAMSUNG CAMERA PICTURESSAMSUNG CAMERA PICTURES

Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 14 de novembro, con Felipe Senén

Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Felipe Senén, que tivo lugar o pasado 14 de novembro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.

1447663535713PaseoLiterarioFelipeSenenACorunha-2015-021447663536713PaseoLiterarioFelipeSenenACorunha-2015-041447663538057PaseoLiterarioFelipeSenenACorunha-2015-071447663538471PaseoLiterarioFelipeSenenACorunha-2015-081447663540915PaseoLiterarioFelipeSenenACorunha-2015-13