O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Valle Inclán de Pontevedra do seguinte xeito:
“Varias alumnas colaboraron no deseño duns graffiti que quedaron colgados nos corredores do centro. Ademais durante toda a mañá do día 24 os alumnos baixaron á biblioteca coas súas profesoras de galego e recitaron poemas ante os seus compañeiros/as.
O centro quere converter esta data nun día de celebración todos os anos e por iso se sumou á chamada da AELG para facer visible a figura de Rosalía nos centros de ensino.”
Arquivo da categoría: Arte
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXVIII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES de Chapela de Redondela, do seguinte xeito:
“O EDLG do IES de Chapela sumouse á iniciativa do Graffiti Rosalía: a fenda nos muros. Acordaron facer un recitado colectivo, coa participación de representantes de todos os cursos, profesorado, persoal non docente e nais e pais. Ademais, alumnado de 3º da ESO deseñou un mural.
Choveu e choveu durante xaneiro e febreiro e resultou imposible inaugurar o mural o día de Rosalía. Finalmente foi o 10 de marzo o día da homenaxe. Este é o vídeo coa crónica da actividade.”
Vigo: conferencia Nacemento e renacemento da pintura galega, de Carlos López Bernárdez
O xoves 3 de abril, ás 20:00 horas, no Hotel Los Galeones (Avenida de Madrid, 21) de Vigo, Xosé Carlos López Bernárdez impartirá unha conferencia baixo o título de Nacemento e renacemento da pintura galega, nun acto organizado polo colectivo cultural Pertenza.
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XX)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Armando Cotarelo, de Vilagarcía, do seguinte xeito:
“Propuxémoslles a Abel, Gabriel, Carla, Alexia, Anás e Fran que escollesen un verso de Rosalía e o grafiteasen, con cadanseu estilo. Quedou isto, ben fermoso. Baseamonos na proposta da AELG.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XIX)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Illa de Sarón, de Xove do seguinte xeito:
“O equipo de Normalización do IES Illa de Sarón de Xove (Lugo), xunto co Departamento de Plástica organizou un concurso de deseño de graffitis para celebrar o Día de Rosalía. Os mellores graffiteiros, de 2º de ESO e 2º de PCPI. A proposta decora os muros do pavillón do centro, un espazo ben visible para tod@s.”
Ramil, Agolada: I Feira das Artes e das Letras para a Terra
Vigo: conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez sobre A evolución cara á modernidade do retrato galego
O xornalista Camilo Franco fala do seu proxecto Queres ser arte contemporánea?
O pintor e poeta Baldo Ramos fala da exposición Onde beben os cervos que amansou o calígrafo
Ourense: espectáculo poético-artístico de Eli Ríos, Yolanda López e Xosé Manuel Moxom
O venres 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Biblio-café La habitación de niña caracol (Praza das Mercedes, 12) de Ourense, terá lugar unha tertulia e intervención poética de Eli Ríos e Yolanda López, quen, baixo o título Mulleres que corren como lobos, falarán sobre os seus últimos poemarios, Maria e Moralla, respectivamente, da man das mulleres feitas materia polo artista ourensán Xosé Manuel Moxom, quen exercerá de mestre de cerimonias para adentrarse na poesía, na escultura, na música e na pintura.