Arquivo da categoría: Arte
Taboleiro do libro galego XLII (marzo de 2016), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Unha nova entrega do Taboleiro do libro galego. Grazas, nesta ocasión, ás trece librarías colaboradoras: Andel, Casa do Libro, Libros para Soñar, Cartabón e Librouro de Vigo; Miranda de Bueu; Biblos de Betanzos; Trama de Lugo; Suévia e Moito Conto da Coruña; Pedreira e Lila de Lilith de Compostela e, finalmente, Cronopios (Santiago e Pontevedra).
NARRATIVA
1º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
2º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
3º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais.
4º-. Antón Riveiro Coello, Os elefantes de Sokúrov, Galaxia.
5º-. Manuel Portas, Lourenço, Xograr, Galaxia.
6º-. Alberto Fortes, O dobrón de a oito, Xerais.
7º-. Marcos Calveiro, Fontán, Galaxia.
8º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.
9º-. Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, Xerais.
10º-. Manuel Iglesias Turnes, Que non te aten, Xerais.
POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.
2º-. Rosalía de Castro, Follas novas, Xerais (edición de Anxo Angueira).
3º-. Ismael Ramos, Os fillos da fame, Xerais.
4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
5º-. Manuel María, Terra Chá, Fundación Manuel María.
6º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.
7º-. Manuel María, Antoloxía poética, Galaxia.
8º-. Paco Souto, e Caín, Laiovento.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Mercedes Queixas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, Galaxia.
2º-. Jorge Mira, María Canosa, Dani Padrón, ¿A que altura está o ceo?, Alvarellos.
3º-. Manuel Veiga, Manuel María buscando un país, Xerais.
4º-. Mercedes Queixas, De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, Xerais.
5º-. Carlos L. Bernárdez, Un pintor que sabía o que facía, Laiovento.
XUVENIL
1º-. Andrea Maceiras, Europa Express, Xerais.
2º-. Carlos Meixide, Ons, autoedición.
3º-. Antonio Manuel Fraga, Tártarus, Xerais.
4º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Estíbaliz Espinosa, Caer de cu polo universo, Apiario.
4º-. Érica Esmorís, Nena e o mar, Xerais.
5º-. Mariana Ruiz, A viaxe de mamá, Kalandraka.
LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía, Uxía canta a Manuel María, Casa-Museo Manuel María.
2º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
3º-. Margarita Ledo, Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, Nós Produtora Cinematográfica Galega.
4º-. Pirilampo, Teatro de Guiñol, Galaxia.
5º-. As Maimiñas, Unha viaxe polo mundo, Galaxia.
BANDA DESEÑADA
1º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.
2º-. Luís Davila, O bichero V, Edición do autor.
3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola 3, Xerais.”
Lousame: presentación da exposición Nós-outras. Creadoras no Barbanza (II parte)
Carballo: acción performática arredor de Catálago
Rosalía Fernández Rial: “No meu caso a faceta educativa e a creativa son, no fondo, o mesmo”
Entrevista
a Rosalía Fernández Rial en La Voz de Galicia:
“Rosalía Fernández Rial está acostumada a moverse entre distintos mundos que acaban por fundirse nun só. A súa dobre orixe, carballesa e muxiá, foi quen de inspirar unha irmandade artística entre as dúas localidades. E a súa paixón polas artes escénicas e a súa vocación docente lle permitiron alumear unha orixinal tese doutoral -que defendeu con éxito hai poucos días na Facultade de Ciencias da Educación da USC- na que avoga por «unha metodoloxía nova para ensinar linguas que se fundamenta no uso da expresión dramática teatral». O seu paso polo IES Parga Pondal co seu traballo de fin de máster foi o xerme desta tese á que dedicou catro anos da súa vida, pero que non lle restou forzas para canalizar as súas inquietudes artísticas por eidos diversos.
De feito, explica que non existe dicotomía entre a súa formación no eido da docencia e a súa vea creativa: «En realidade é o mesmo; o produto é o mesmo, pero contemplado desde distintos puntos de vista porque se na actividade artística traballo o poético, o literario e a expresión dramática e a linguaxe escénica, no enfoque didáctico fago o mesmo pero dedicado á comunidade educativa. As ferramentas coas que traballo son comúns».
Sen abandonar a poesía, ten transitado tamén cos seus versos e da man do pianista Serxio Moreira por territorios sonoros. O seu proxecto conxunto ELO figura na relación de candidatos dos premios Martín Códax. «Non esperaba estar para nada nunha categoría musical deste tipo. Si que fixen conservatorio, sempre me gustou a música e foi algo importante na miña vida, pero máis a nivel persoal que a nivel profesional. Sempre me centrei no literario, pero é certo que nesa mestura de linguaxes ao final foi confluíndo na musical dun xeito sorprendente».
Proba diso é Catálago, un proxecto expositivo no que comparte espazo con Mon Lendoiro, Chiña e Paco Souto tendendo «pontes» para crear entre os catro «un novo produto nunha dimensión interdisciplinar», é outro exemplo da súa capacidade para aproveitar sinerxías. Os resultados pódense ver no Pazo da Cultura de Carballo desde o día 3 deste mes e para o luns 28 os catro teñen previsto poñer en escena unha performance conxunta.
«Sempre hai que negociar pero iso forma parte da propia vida e da propia existencia. Precisamente nese camiño, nese proceso que se vai tecendo é cando a obra pasa a ser algo conxunto e os puntos de encontro sempre levan a mellora». (…)”
Compostela: exposición A cara oculta dos versos, de Isabel Pintado
Lugo: Lareteando no Museo, no Museo Provincial
O
venres 18 de marzo, ás 19:30 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), terá lugar Lareteando no Museo, actividade complementaria da mostra Fisuras na Vitrina, con entrada libre.
A idea motora deste tipo de presentación non é simplificar ou restar calidade ás intervencións, senón que busca unicamente manter en alto en todo momento o nivel de interese e de atención do público, algo moi complicado de facer nunha conferencia clásica, e que no PechaKucha é posible grazas ao seu formato, no que interveñen un gran número de poñentes e a que se realizan presentacións moi concisas arroupadas por unha constante e dinámica presenza gráfica. As charlas programadas van manter o formato típico de PechaKucha: 20×20, é dicir, 20 imaxes que van cambiando cada 20 segundos, mentres que se desenvolve o tema. Deste xeito, o tempo máximo para cada intervención será de 6 minutos e 40 segundos. Estas pequenas doses de información van ensamblarse grazas á presenza dunha persoa, que a modo de mestra de cerimonias, vai ir presentando as 10 intervencións. Sigue lendo





