Arquivo da categoría: Bibliotecas
Vigo: presentación de Iridium, de Francisco Castro
Ribadavia: actividades do Día da Biblioteca no Museo Etnolóxico
Santa Cruz (Oleiros): presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
Compostela: Palabra de Muller, por Lisístrata
(Máis información aquí)
Chapela, Redondela: Contacontos en verso para nenos e nenas, con Yolanda Castaño
Compostela: Xornada sobre Bibliotecas especializadas e centros de documentación, o 21 de xuño
A Biblioteca de Galicia porá ao dispor da cidadanía o legado bibliográfico de Agustín Fernández Paz
Desde a Xunta de Galicia:
“A Xunta de Galicia vén de aceptar a doazón do Fondo Agustín Fernández Paz, que permitirá coñecer o importante legado literario e pedagóxico do escritor vilalbés finado en Vigo en 2016. Trátase dunha biblioteca de autor creada ao longo dos anos polo escritor e pedagogo e que reflicte o seu mundo e os seus intereses e que contén unha colección completa dos seus traballos. É, polo tanto, un instrumento valioso para calquera estudo sobre a súa figura.
A colección doada polas herdeiras do patrimonio de Agustín Fernández Paz, valorada en 25.000 euros, conta cun fondo de máis de 5.000 volumes onde destacan as series sobre literatura contemporánea, cómic en galego e pedagoxía. Moitas das publicacións son obras en galego e exemplares dos libros de Fernández Paz editados por editoriais non galegas que aínda non estaban dispoñibles na Biblioteca de Galicia. Cómpre destacar que a incorporación desta biblioteca aos fondos da Consellería de Cultura e Turismo tamén permitirá o estudo do nacemento e evolución do libro de texto galego ao incorporar moitos dos primeiros exemplares que foron editados na nosa lingua.
O proceso desta doazón comezou en novembro de 2017, cando os técnicos da Biblioteca de Galicia visitaron os lugares onde estaban os documentos bibliográficos, situados en Vigo e Redondela, para valorar o interese deste fondo. Tras os informes favorables, comezouse o traslado dos fondos a biblioteca situada na Cidade da Cultura. (…)”