Entrevista a María Xesús Nogueira en La Región:
“(…) – La Región (LR): Como definiría a figura de Begoña Caamaño dentro da literatura galega contemporánea?
– María Xesús Nogueira (MXN): Foi unha escritora moi innovadora no seu momento polo feito de crear un modelo de novelas feministas a partir da escritura dos mitos (os mitos da Odisea, da Bretaña). Como digo foi innovadora porque foi algo que non se fixera antes.
– LR: A súa obra literaria adoita revisitar personaxes femininos e relatos da tradición clásica. Que achegas fixo Begoña Caamaño á reinterpretación das mulleres na literatura galega?
– MXN: Aportou unha visibilización das mulleres protagonistas que ata entón eran máis pasivos. Aportou outro xeito de estar no historia, de que as cousas podían ser de outra maneira. As cousas non tiñan que ser dunha forma senón que a historia podía ser contada doutro xeito.
– LR: Begoña Caamaño desenvolveu unha intensa traxectoria como xornalista e activista cultural. Esa dimensión pública e comprometida reflíctese tamén nas súas novelas?
– MXN: Si, desde logo. Hai unha traxectoria xornalística na radio, nos artigos de opinión e mil actividades nas que estivo comprometida (movimiento feminista, antimilitarista, anticapitalista) e todo eso se reflicte. Todos esos temas están repensados a través do xornalismo que logo se trasladan cando se pon a escribir. Ela comeza a escribir novelas con 40 anos e todo esa base está aí xermolando. Ainda que nas súas novelas fala dos mitos, son moi actuais. Leu a Odisea con 10 anos e foi unha gran lectura. Ela cría na vitalidade dos mitos. (…)”
Arquivo da categoría: Biografías
Celanova: III Xornadas Memoria e Muller. Lembranza de María Cabaco
Ourense: actividades do 20 de xuño da Feira do Libro 2026
Ribeira: presentación de Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión, de Xosé Luís Axeitos
Redondela: actividades do 12 de xuño da Feira do Libro 2026
Pontevedra e Allariz: palestra e conversa con Carlos Callón
Ana Romaní: “Fronte ao individualismo que impera, Begoña Caamaño recuperou o colectivo como transformación”
Entrevista de Marcos Pérez Pena a Ana Romaní en Praza:
“(…) – Praza (P): Unha das vantaxes de homenaxear unha figura contemporánea é que hai moitas persoas que coñecestes ben, en distintos momentos vitais e mesmo no momento que estaba inmersa no proceso de creación literaria, e resulta interesante coñecer o pouso que vos deixou, como era Begoña a nivel persoal e como iso se trasladaba transversalmente á súa biografía e á súa creación literaria. Así pois, como era Begoña?
– Ana Romaní (AR): Neste momento, para min, Begoña é unha grande ausencia. Percebes aínda ese oco dunha maneira emocionalmente moi forte. Para min, Begoña era unha figura dunha gran clarividencia intelectual. Boto en falla á súa análise do mundo. Gustaríame que estivese entre nos para poder seguir falando e escoitala como analizaba as realidades, como lía o que acontecía, o que nos está acontecendo neste momento. Boto en falla esa ollada e a lucidez da súa análise porque non quedaba na superficie. Era unha persoa moi exixente consigo mesma, moi perfeccionista. Nese sentido, a súa ollada sempre nos traía unha visión diferente. E iso bótoo moitísimo en falla en tempos tan complexos como estes que estamos vivindo.
E tamén, ao mesmo tempo, ese rigor, esa exixencia extrema na lectura do mundo, ía acompañada dunha certa esperanza, dun certo entusiasmo, dunha certa convicción utópica de que é posíbel a transformación e o cambio, de que as cousas non necesariamente teñen que ser así, que poden ser de outro xeito e que hai instrumentos para facelo así, para facer posible a mudanza. Nestes tempos nos que semella que non temos folgos, que temos unha certa percepción de ter que estar sempre a comenzar de novo, figuras como ela, con esa capacidade de análise e ao mesmo tempo de convicción en que é posible o entusiasmo e en que é posible a mudanza, pois fan moitísima falla.
– P: Esa análise para a acción ou esa reflexión para a acción, entendo que estaba presente no seu traballo como xornalista e creo que é unha boa definición do xornalismo ben feito. Pero está presente tamén na súa literatura. Aínda que se entrada pode dar a impresión de que as súas obras -que falan de mitos deconstruídos- non teñen moito que ver co seu labor como xornalista, creo en realidade non distaban tanto da súa actividade e da súa forma de entender o xornalismo: dunha reflexión para a acción e todo impregnado dunha ética e buscando sempre avanzar, non si?
– AR: Si, eu coincido niso. Creo que o xornalismo e a súa obra literaria están moi relacionadas e teñen un xermolo común. Penso que na xénese está o afán de saber, a curiosidade, está a pregunta; a interrogación como base e o obxectivo de transformación. En Circe ou o pracer do azul está claro, pero vexo aínda máis nítido en Morgana en Esmelle, que é unha novela profundamente política. De feito, ela díxoo en varias ocasións: ‘pretendo ofrecer vimbios para un cesto novo’. Ese estimular unha reflexión sobre a ética, sobre o sentido as cousas que facemos…, está nas novelas e por suposto está no seu xornalismo, no radiofónico e tamén no escrito.
Hai unha peza da que falo sempre, que é un artigo dela sobre Cabo Verde que é magnífico: sobre a situación do país, sobre o FMI, sobre o espolio dos países empobrecidos… e escrito ademais dunha maneira xornalística impecable. Dalgunha maneira nese artigo está xa por exemplo o programa radiofónico que foi o seu gran proxecto radiofónico: Andando a Terra, con esa vocación de transformación desde o coñecemento, dando instrumentos, xerando preguntas. (…)”










