Ramón Nicolás: «Medrar na ”Rusia chiquita” marcou a Begoña Caamaño, ela sentiu o orgullo de pertencer a un mundo no que hai que sachar» 

Entrevista de Ana Abelenda a Ramón Nicolás en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Como naceu este libro «pouco ortodoxo», como se coida de advertir?
– Ramón Nicolás (RN): Quixen mesturar a figura de Begoña, a quen admirei como persoa e narradora, e eses paisaxes da infancia dela que foron compartidos por min. E isto é dalgún xeito memoria persoal. Hai memoria, seudobiografía, ficción, e en función dos espazos tamén algúns datos de historia. Pasamos todos os días por lugares de Vigo que aínda se poden pasear polos que viviu Begoña, cheos de historia e significado. A obra deriva de xeito espontáneo dun traballo de investigación cara á docencia co meu alumnado. Pensei «aquí hai un libro!».
– LVG: Ten este percorrido pola infancia da autora a forza de memoria social e, á vez, feitizo de conto.
– RN: O que conto de Begoña está documentado sobre todo en fontes orais, pero hai algo de literatura. Aludín a esa estrutura dos contos e dos relatos. Un dos personaxes que me facilitou a redacción foi Morgana, que me veu da man de Begoña. É Morgana quen coñecía a Begoña moito máis ca min… (ri).
– LVG: Con Caamaño revisitamos mitos. Por que escolleu entoar na escrita esta voz mestiza e coral, que é ao tempo a de Morgana, a de Begoña e a súa propia?
– RN: Está a voz de Begoña, estou eu e está a propia Morgana que o sabe todo, si. E que se traslada de espazo coa ollada de Begoña. É importante ese territorio no que ela se formou, o dos primeiros xogos, as descubertas, os seus comezos a cabalo entre o mundo rural e o mundo urbano. E esa presenza tan curiosa, nun barrio como era O Calvario, de dous cines! (…)”

Compostela: actos destacados do 10 de maio na Feira do Libro 2026

Vigo: Festa do Livro em Português 2026

Vilagarcía: presentación de Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun instituto modelo, de Xermán Manuel Torres de Aboal

Santa Cristina, Oleiros: actos destacados na III Festa do Libro na rúa

O domingo 26 de abril, no Parque José Martí de Santa Cristina, en Oleiros, terán lugar os seguintes actos destacados na III Festa do Libro na rúa, organizada polo Concello de Oleiros:
– 12:15 h. Presentación e recital poético de Cantos de dor e liberdade, publicado por Tempo Galiza, coa participación de Iolanda Aldrei, Celso Álvarez Cáccamo, Lois Diéguez, Laura Rey Pasandín, Eva Teixeiro e Ramiro Vidal Alvarinho.
– 13:00 h. Obra de teatro do alumnado do IES Neira Vilas, Unha tarde con Rosalía de Castro.
– 18:00 h. Presentación de Diarios (1938 e 1945), de Syra Alonso, publicado por Alvarellos Editora.