O 23 de abril, de 17:00 a 18:00 horas, na Libraría Sisargas (Rúa San Roque, 7), na Coruña, María Canosa asina exemplares da súa obra Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, publicada por Bululú.
Arquivo da categoría: Biografías
Compostela: presentación de Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, de Montse Pena Presas
“Que é unha poeta?”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Baía Edicións publica XelArias: palabra á intemperie. A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. No Diario Cultural, Emma Pedreira conversa con Ana Romaní, aquí.”




