Arquivo da categoría: Biografías
Booktrailer de Michigan/Acaso Michigan, de Antón Reixa
Tabela dos libros. Novembro de 2018
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns de mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Compostela: inauguración da exposición e presentación de Michigan/Acaso Michigan, de Antón Reixa, o 27 de outubro
Vimianzo: presentación de Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal, de Xosé María Rei Lema
A Coruña: actividades destacadas na Feira do Libro 2018 para o 8 de agosto
O
8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Beatriz Maceda Abeleira asina na caseta da Libraría Lume.
– 19:00 h. Montserrat Yoldi Sanmartín asina exemplares do poemario Cinsa na boca, publicado por Medulia, na caseta da Libraría Berbiriana.
– 19:00 h. Iolanda Zúñiga asina na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:00 h. Presentación de Contos do imaxinario galego. O Gatipedro, de Jacobo Paz e Xosé Tomás. Por Baía Edicións.
– 19:45 h. Presentación de Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar, publicado por Baía Edicións.
– 20:30 h. Presentación de Territorio acoutado, de Olga Patiño e Carlos Lorenzo, publicado por Espiral Maior. Interveñen tamén Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Taboada e José Luís Yepes.
– 21:15 h. Presentación de Tempo fósil, Pilar Pallarés, publicado por Chan de Pólvora. No acto participan, xunto á autora, Eva Veiga e Antón Lopo.
A Coruña: actividades destacadas na Feira do Libro 2018 para o 4 e 5 de agosto
O
4 e 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 4
– 18:00 h. Estefanía Padullés presenta Max e Lea. Obradoiro para debuxar un dinosaurio.
– 18:00 h. Bea Lema asina exemplares de O corpo de Cristo, XII Premio Castelao de Banda Deseñada, publicado pola Deputación da Coruña. Na caseta da Libraría Berbiriana.
– 19:00 h. Marcelino Fernández Mallo asina O bolseiro de Ingatex, na caseta de Lume.
– 19:00 h. Xoán Babarro asina O baúl de Domingo Quintas na caseta de Hércules Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda, de Uxía Meirama e Miguelanxo Prado, publicado por El Patito Editorial.
– 19:45 h. Presentación de O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, publicado por Xerais, en conversa con Manuel Bragado (na carpa de infantil).
– 20:00 h. Sinatura de Yolanda Castaño na Libraría Azeta.
Domingo 5
– 13:00 h. Presentación de Patacas e máis patacas. O misterio da Casa Grande, de María Acosta.
– 19:00 h. Héctor Cajaraville asina Nova Nursia, na caseta de Lume.
– 19:00 h. Presentación do libro Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane, publicado por Espiral Maior. Participan Eva Veiga, Xavier Seoane e Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 19:30 h. Paco Nogueiras asina Radio Bule Bule e Brinca vai!, na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:45 h. Negro sobre negro. Conversa de Diego Ameixeiras, autor de A crueldade de abril, publicado por Xerais, e Nieves Abarca, autora de El beso de Tosca.
– 20:00 h. Xurxo Souto asina na caseta de Lume.
– 20:30 h. Presentación dos novos títulos da colección Mulleres Bravas da nosa historia, con María Reimóndez, Eli Ríos, Andrea Jamardo e Andrea Barreira.
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 20 de xullo
O
20 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:00 h. Teatro infantil: Cardume, por Xaropoetulú. Campo de Arriba.
– 21:00 h. Presentación de Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, de Xosé Ricardo Losada, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor estará o escritor Xosé Manuel Lobato.
A Coruña: presentación de Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas, de Carlos Caetano Biscaínho
Carballo: actividades destacadas do 6 de xullo na Praza dos Libros 2018
Continúa
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 5 ao 8 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para a sexta feira 6 de xullo, destacamos os seguintes:
– 12:00 h. Concerto infantil de presentación do libro-disco Eu cociño. Ti cociñas?, de Mamá Cabra, publicado por Galaxia.
– 18:30 h. Concerto infantil de presentación do libro-disco Pakolas (Galaxia).
– 20:00 h. Presentación do álbum ilustrado Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, con ilustracións de Nuria Díaz, publicado por Xerais. Presenta: Melina Regueira.
– 21:00 h. Presentación de Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. Presenta: Verónica Couto.




